Brigantes

Submitted by admin on Fri, 07/13/2018 - 16:44

É unha tribu celta inglesa de nome semellante as galegas e a cidade de Brigantia. Os celtas ingleses son famosos pola súa rebelión contra os romanos dirixida por unha muller, Boudicea ou Boudica, reina doutra tribu, dos icenos,  que así venga a violación das fillas polos romanos. Non conseguiu vencelos (o mundo sería distinto se o houbese feito), pero casi, chegando a tomar Londinium e a derrotar a unha Legio Hispana. O xeneral romano aproveitou para asesinar a todos os druidas nesa loita e con iso fixo máis doado o seu pulso cos celtas ingleses.

Hoxe merecería ser o simbolo da raíña Morrigan  e a súa loita pola patria, pola súa terra. Pero se un vai ao Parlamento Inglés pode vela na entrada da ponte próxima (a ponte dos atentados do ano pasado) subida a un carro de combate celta e en actitude de liberar toda Inglaterra dos romanos. A estatua é todo un símbolo. Enya dedicoulle unha canción co seu nome...

Ben, Brigantes significa que viven en Outeiros sen calor, como podedes supoñer. Esta historia conta que antes que os Anglo-Saxons os ingleses falaban celta, por moito que se fale do Old English, como dun inglés primitivo.  O inglés máis primitivo é o celta, como fúchedes vendo ata agora: Be, kin, gun, tin, us, came, come, is, man, men,...

Sobre esas aportacións constituise o resto do inglés (xuntando do alemán  e do francés-latino)