Tirimol

Submitted by admin on Fri, 08/03/2018 - 10:58

Un nome mítico celta do concello de Lugo, parroquia de Lugo.

Curiosamente non existe como lugar nos listados de toponimia da Xunta. Si como parroquia de tres lugares. Que significa? A casa do rei é cúbica, un cubo. Cando llo contei a un sobriño dixo que era raro. Que vos parece a casa do rei é rectangular?

A verdade que todas estas traducións hai que matizalas no contexto. Non había seguramente reis de Galicia. Así que cada rei era rei dun lugar, algo parecido a un alcalde dun concello. Por iso existe unha cantidade enorme de ri-rei na toponimia galega.

Outro contexto da palabra é o paso de casas circulares nos castros a casas rectangulares.  As casas circulares teñen a propiedade isoperimétrica, o perímetro que presentan ao contorno é mínimo (para unha área dada), posto que esa é unha propiedade do círculo (Lembrade a lenda de Dido en Cartago que aproveita esta idea).

Presentar unha superficie mínima ao exterior permite que o intercambio de calor co exterior sexa mínima con respecto a calquera outra forma da casa. Xa sabemos a importancia da calor para os celtas galegos e seguramente estamos falando da época da glaciación- hai 12000 anos ou máis pronto, onde o aproveitamente da calor era crítico.

As casas neses tempos deberían ser circulares. Co restablecemento dun clima máis benigno a importancia da casa circular decae e a moda do rei que arrastra a todo o mundo é facer casas rectangulares, con rochos-como dicimos en Lugo- máis aproveitados. Toda unha historia de transición climática e tecnolóxica  contada a través do nome dunha parroquia de Lugo.