Goiáns, Goyanes

Submitted by admin on Sun, 08/26/2018 - 20:19

O apelido Goyanes é unha castelanización do apelido e topónimo Goiáns. Dinme conta ao pasar pola ponte e parque de Goiáns en Boiro e despois pasar pola praza de Goyanes en Ribeira. A familia Goyanes, por moi nobre que sexa, latinizou o vulgar Goiáns galego. É posible que na época de Franco os dous nomes coincidisen en Goyanes-non o comprobei.

Como xa expliquei na entrada anterior, e en varias outras, Goi é unha variante galega de oración e án é compañeiro. Hai máis palabras galegas nas que se xuntan esas dúas palabras, así que podemos imaxinar que ou ben antes de ir a guerrear os soldados celebraban unha oración que os defendese dos peligros ou da morte, unha "oración de compañeiros" quizais como os soldados das ás do exército de Alexandre Magno que se xuramentaban entre si ata a morte, ou ben onde se celebraban as exequias, lamentos e oracións, dos mortos na batalla. Era claro que na época propiamente celta o templo estaría dedicada as deusas da Morriña, a deusa Morrigan. Unha das máis importantes deusas celtas dedicada a deusa da batalla, da guerra, como xa explicamos.

Conclusión, en Goiáns, en Boiro, quizais no pazo de Goiáns, ou preto, había un templo de oración á deusa Morrigan. Para comprobalo, só hai que atopalo. Levantar eses templos Goi, Gui  arqueoloxicamente pode ser unha boa vía de comprobación do que estou a dicir non é ningunha invención.

Os templos de Morrigan, ademais dos de Nemiña e Nemancos, poden estar en

O topónimo galego Goiáns pode referirse a: