Val do Dubra e río Dubra

Submitted by admin on Tue, 09/11/2018 - 12:18

Imos varíar de cor e temos no nome deste concello o negro presente Dubh=negro en celta. Dubh non é en absoluto frecuente como Bui en Galicia que ainda ten montes Buio, ademais das moitísimas leiras dese nome.

Así que ter ten negro no nome. Pero cal é o significado? Se traducimos o nome actual sería dicir negro, pouco significativo. Moitas outras posibles traducións (sempre  co negro) serían posibles a partir doutros nomes históricos e a mellor é dubhriam=negrura.

"A primeira noticia que se ten desta terra é a recollida no Cronicon Iriense e na que se di que Miro, rei dos suevos, asigna a terra chamada Dubriam á sede Iria en Padrón. " di a wikipedia galega. Xa o sabemos: Dubra significa negrura. algo que se ve reforzado polo lugares de Dubra como Portodemouros (no sentido de mouro=escuro). E as imaxes da zona son de clima escuro e nubrado. Habería que analizar a climatoloxía,  a luminosidade, a vexetación no pasado para certificar definitivamente a negrura de Dubra.