As Bailadoras

Submitted by admin on Sat, 01/05/2019 - 16:52

Bailadora non é palabra celta, por suposto, pero poden formar  parte da cultura de orientación espacial e temporal dos celtas galegos. En primeiro lugar vemos o que di a wikipedia das bailadoras:

Antena de Bailadora 43.44882, -8.28467 A Antena de Bailadora é unha instalación de telecomunicacións da Armada Española situada en Bailadora, Ares. A antena construíuse sobre

Castro de Vilela Monte do Castro é un poboado castrexo situado na ladeira dos montes de Bailadora, no concello de Ferrol. O castro é de forma ovalada duns 90 por 70 metros

Polvoreira de Mougá construcións foron abandonadas. Só queda operativa a de Mougá e a antena de Bailadora no monte do mesmo nome, no concello de Ares. Mougá está preto da base

Cabo Prior e vaise ascendendo sempre a pendente ata remontar o cume que chaman a Bailadora, onde se inicia o descenso ata Covas e a subida ata o faro. Comezou a

Ainda que un pouco confusas as entradas falan de dúas bailadoras na zona de Ferrol, un monte onde está a antena de Bailadora e o repetidor da RTVG, en Ares, perfectamente determinado polas coordenadas e outra Bailadora da que falan preto do Castro de Vilela (montes da Bailadora) e do Cabo Prior (cume que chaman a Bailadora) no concello de Ferrol. Para un profano un misterio total. Que pasa coas dúas bailadoras:

Quen me falou das Bailadoras de Ferrol e o seu significado foi a miña irmá Sabela. Non temos reloxos, nin de sol, nin de muñeca nin atómicos fai 4000 anos, por exemplo. Estamos na zona de Ferrol e queremos determinar en que momento do ano estamos. Observamos o lugar en que se pon o sol ao longo do ano e podemos observar que hai un momento do ano en que a posición da posta do sol vai esvarando cara a esquerda ata que chega a un lugar (a Bailadora de Ares) en que parece que se para por uns días e se entretén ata que volve a reiniciar o camiño, pero agora cara a dereita. Pasan os meses e agora vai rolando cara a dereita ata que un certo día do ano (que día será?) parece pararse e volver a reiniciar o baile agora movéndose cara a esquerda. Nese momento de cambio de dirección da posta do sol estamos na segunda Bailadora, na de Ferrol.

Unha pregunta sabedes de máis bailadoras, chámense así ou non, noutras zonas de Galicia? Como podemos determinar en que momento do ano estamos en función de saber as datas en que o sol chega a cada unha das bailadoras e a posición actual da posta do Sol?

Hai 4000 anos era imprescindible ter un sistema astronómico de determinar o tempo. Os nosos primos de Irlanda crearon un sistema para determinar o solsticio de inverno de modo que se iluminase un cova profunda en Newgrange, hoxe visitada por millóns de persoas. Ir a Irlanda e non ver Newgrange é inconcibible.

Os nosos sistemas equivalentes poderían ser os da Bailadoras de Ferrol, o da data do 1º de febreiro do castro de Armeá, en que o sol pasa por unha rocha ou o dos equinocios da igrexa de San Miguel en Celanova, neste caso, aparentemente moito máis moderno (a igrexa é mozárabe).

De todas maneiras, o sistema de Ferrol permite calcular non só dias especiais do ano, senón facer unha estimación do mes do ano en que estamos.

Esta historia ten interese por si mesma, pero ademais axuda a enfocar o significado da entrada anterior, de Rinlo. É posible que a punta de Rinlo forme parte da determinación do espazo e tempo, ademais da orientación, dos habitantes da zona de Rinlo, especialmente dos mariñeiros. Esa é a última aposta do significado de Punta do Día de Rinlo. Determinar como funciona ou funcionou será cuestión de facer unha investigación in situ de Rinlo, das súas postas de Sol e das súas posibles bailadoras. Animamos ao profesorado de Ribadeo e proximidades a facer ese estudo e investigación e despois a que nolo conte aquí en Celtia.

Para saber máis como se move a posta ou a saída do sol no horizonte podemos ler na wikipedia inglesa que

Solar positioning

While the stars are fixed to their declinations the Sun is not. The rising point of the Sun varies throughout the year. It swings between two limits marked by the solstices a bit like a pendulum, slowing as it reaches the extremes, but passing rapidly through the midpoint. If an archaeoastronomer can calculate from the azimuth and horizon height that a site was built to view a declination of +23.5° then he or she need not wait until 21 June to confirm the site does indeed face the summer solstice.[113] For more information see History of solar observation.

ou sexa
 O punto de saída do Sol varía ao longo do ano. Cambia entre dous límites marcados polos solsticios un pouco como un péndulo, diminuíndo a velocidade a medida que chega aos extremos, pero pasando rapidamente polo punto medio.

Sabela comenta sobre o anterior " habería que dicir que esas bailadoras son exactas vistas desde un só punto que é o castro do Couto, non me lembro agora mesmo como se chama. Eu teño fotos de varios anos... Se miras desde un punto de calquera zona rodeada de outeiros observarás unhas bailadoras se miras desde outro verás outras.
As de Ferrol se chaman así polas observacións dos ovates do castro que está ó lado do Couto, en Narón. Bailadora é por que remata o baile anual do sol no solpor pero sempre visto desde un punto concreto.
Sei que en Galicia hai máis lugares chamados bailadoras e que no solsticio de verán dise que a xente vai á praia a ver bailar o sol... É decir fai referencia ó punto extremo do seu penduleo horizontal. "