Fenicios, celtas, romanos, os labirintos galegos e estaleiros da idade de Pedra

Submitted by admin on Sat, 08/24/2019 - 11:30

Fenicios, celtas, romanos, os labirintos galegos e estaleiros da idade de Pedra. Segundo todos os historiadores romanos e gregos os fenicios ensínaronnos a navegar. As historias actuais seguen a repetir este cliché. Cando aparece unha barca nun petroglifo de Pontevedra os historiadores apúntanse rapidamente a distinguir fenicios entre os tripulantes. Os fenicios chegaban ata as illas Casitérides e comerciaban con estaño e outras mercadorías necesarias.

Efectivamente os fenicios eran, inicialmente, moitos mellores navegantes que os romanos. E as guerras con eles fan desenvolver unha mariña romana potente case da nada. E vencen aos fenicios.

Cando as naves romanas se enfrontan coas celtas de Gran Bretaña, as súas naves son moi inferiores, di César, pero, a pesar diso, gañan a batalla naval polas tretas empregadas como rachar as velas celtas -de coiro- cunha especie de anclas metálicas.

A noticia do 22 de agosto deste ano na Voz confirma unha das miñas teses no meu libro "os labirintos galegos": hai miles de anos os galegos navegaban en barcos sólidos e chegaban a Escocia, Northumberland, Irlanda e centos de sitios máis de Gran Bretaña onde se entretiñan deseñando os mesmos petroglifos que en Galicia. Non sei porqué a xente se alporiza con esa tese (hai 8000 anos non había fenicios, siquera, claro). Prefírese a tese seguinte que lin en Newgrange: os do atlántico tomaban a mesmas herbas alucinóxenas e "vían" o mesmo, que debuxaban.

Así o noso tipo de petroglifos chámase "Galician", pero todo o mundo considera que (como non había fenicios hai 8000 anos) non podiamos viaxar a eses lugares onde hai os nosos petroglifos.

Para min é mais doado supoñer que é un mesmo pobo que cre nas propiedades máxicas dos seus deseños, os pinte por todos lados que que maxicamente un montón de pobos distintos e lonxanos fagan o mesmo deseño por inspiración divina.

Como os deseños de labirintos están conectados cos nosos petroglifos -modificándoos lixeiramente obtemos labirintos-  de aí deduzo que os nosos labirintos son os máis antigos do mundo. Tedes que ler o libro "os labirintos galegos" para coñecer os detalles.

Outra tese existente de que son os máis antigos porque están ao lado de deseños de armas da idade do bronce non se sostén: En Foz da Coa hai petroglifos e deseños, un ao carón doutros, que oscilan nun rango de 20000 anos. Estar ao lado non asegura que teñan a mesma idade.

Que o que falla na argumentación contraria? Supoñer que non sabiamos navegar hai 8000 e tal vez moito antes. Pero os irlandeses teñen a mesma xenética cos galegos, logo son galegos, e chegaron alí hai entre 8000 e 11500 anos. Hai xenética r1b nos homes azuis de Malí- din xenetistas galegos- desde 11500 anos e ninguén se alporiza...

En resumo deixamos os nosos símbolos sagrados en Irlanda, Escocia, Inglaterra, Sahara, Canarias e o fixemos hai moitos miles de anos, cando criamos neles. Hai moito tempo... e fumos por barco, nuns barcos dunha tecnoloxía abraiante (xa que estamos na idade de Pedra).

Os fenicios non nos ensinaron nada que non soubésemos nós, miles de anos antes.

A noticia da Voz o demostra.

Outro aspecto da noticia, a variación do nivel do mar desde esa época ata agora tamén está contada nos labirintos galegos, explicando porque se sabe e explicando porque a última glaciación tivo un papel fundamental con todo o  que lle ocorriu aos galegos nesa época.