Sandeo

Submitted by admin on Sat, 08/24/2019 - 19:53

O Río Sandeo . é unha praia dese nome. O cal é contraditorio. É máis importante o río ou a praia? O río é moi grande?

De Fene, o cal ninguén o crería entre Cabanas e Ares.  Na ría de Ares e non na de Ferrol. Fun a visitalo/a hoxe mesmo.  Respondinme a algunha desas preguntas. O río é moi pequeno, o típico regueiro moi pequeno de praia que dá o nome de Regueiro a moitas praias. Ningunha razón para que se destaque e ainda teña nome celta.

A  praia, como podedes ver nas fotos é preciosa e debería ter un nome principal e non o nome do río. A wikipedia nin o menciona, case.

Miramos no dicionario e san pode ser

san3 :i2. En, polo tanto.

san4 = sin1. That, este

deo1, s. (In phrase) Go ~, for ever, always; (with negative) never.

Así que Sandeo significa que é un regato pequeno que "este sempre", non se seca nin aínda en verán, eu entendo e podedes comprobar nas fotos. A verdade é que esta non é unha razón para que ese nome faga unha viaxe no tempo e chegue ata nós despois de miles de anos sen tradución.

Por que chegou? Simplemente como moitos outros que permaneceron, parece  latín Sant Deo, Santo Deus, ou algo semellante, levou aos escribidores galegos e casteláns, moi devotos eles, a perpetuar o nome celta. Quedámoslles agradecidos.

O sentido prático do nome está claro, avisa aos da zona que nese regueiro un pode beber sempre. Nas outras praias da zona, poida ser que non.