Borracho

Submitted by admin on Sat, 01/04/2020 - 11:20

Esta entrada é un pouco (ou bastante) provocadora. Quere demostrar que na etimoloxía das palabras (xa sexan galegas, ou casteláns) algunha xentes non teñen nin idea do que falan.

Recorremos a etimoloxías de Chile (desde que o cito, impediu seleccionar o texto, así que teño que citalo non directamente).

Di que para falar de borracho hai que falar primeiro de borracha (unha bota de viño) e entón borracha vén de unha mistura de botella e morratcha (redoma) en catalán. Vale, puidera ou puidese ser, se non tes outra orixe coñecida, directa e aplicable directamente aos borrachos.

Témola?

borrach1, m. (gs. & npl. -aigh, gpl. ~). Proud, arrogant, person. ~ méise, boor. S.a. lus.

borrach2, a1. 1. Swollen. 2. Proud, arrogant.

Así que borrach en celta é unha persoa orgullosa e arrogante (ou inchada). Como sabemos o viño ou as bebidas alcohólicas desatan as inhibicións e converten a un apoucado nun desafiante, a un miñaxoia nun bravucón, a un caladiño nun orgullose e arrogante. E inchado desafiante.

Para min non ten dúbida que borracho, borracha vén do celta. O significado concorda e non hai que facer suposicións de palabras entremesturadas. Claro que hai que admitir a supremacía linguistica do celta (con orixe en Galicia) en toda España e iso, iso, é moi costa arriba para algúns.