Hoxe vai de xornais

Submitted by admin on Fri, 01/10/2020 - 13:19

O xornal "El progreso" fala hoxe de que descubriron un castro nos Ancares, ao entender o nome do topónimo, Castrillón e incluso dunhas mámoas por outro topónimo. En principio, todo moi usual e normal. É extraordinario se se pensase (como fan algúns) que os galegos antigos son uns personaxes bébedos, lelos e tolos que poñían os nomes ao chou, sen conexión coa realidade, seguindo ideas aloucadas, xermánicos descoñecidos e santos desfigurados e con nome trabucado e escondido. Cando non palabras "prerromanicas" de etimoloxía inventada.

A realidade é distinta, falaban celta, si, claramente como temos visto en centos de palabras que se refiren a centos de milleiros de lugares de Galicia, son coherentes, teñen sentido, cando falan da mámoa do marbán están falando de mámoa dun cadáver e non da filla de Mar que estaba bén.

Así que por unha vez, felicitar aos que seguindo o nome poden saber deducir, con realidade e racionalmente, o que estaba ou había na zona. Parabéns a eses descubridores.