O colexio dos irlandeses de Santiago

Submitted by admin on Wed, 01/15/2020 - 20:29

O colexio dos irlandeses de Santiago  unha información ou vídeo da CRTVG déixame abraiado. Segundo esta información desde Isabel I e despois con Oliver Cromwell na súa Campaña en Irlanda: 1649–1650 conseguen que os irlandeses fuxan a España, a Galicia, e o razonamento é que os irlandeses son galegos. Eles o saben. Só están volvendo ás raices. A patria avoa. Xa saben o que a xenética confirmará centos de anos despois. Algo que moitos galegos queren esquecer. Somos os pais e mais do país máis celta dos paises celtas. Pero segundo algúns falabamos indoeuropeo gutural. Ou sabe deus que.

Como resumo, na República de Irlanda odian infinitamente a Oliver Cronwell, a súa toma de Drogheda e a queima de 2000 irlandeses alí, entre outras incribles matanzas. So tedes que mercar unha historia de Irlanda feita alí para coñecer o seu estado de ánimo, por non falar do incumprimento por parte dos ingleses dos pactos con eles. A universidade de Galway ou o Trinity College de Dublín as crea o goberno inglés para evitar que os irlandeses aprendan en universidades católicas europeas. Ben, en realidade nesas universidades só podían estudar os protestantes irlandeses. Os católicos non tiñan dereito.

Aquí non había esa guerra relixiosa pero si social. Os galegos non ían a universidades galegas porque, simplemente, eran pobres, moi pobres. Como non temos AVE e certos partidos políticos defenden que non o teñamos. Como o noso tren "celta" leva a velocidade dos carros de bois. En realidade estamos tan domesticados polo noso natural síndrome de Estocolmo que dá pena: nós desde sempre falamos latín, e se me apuras moito, desde sempre falamos castelán. Polo menos no futuro, si.

O colexio dos irlandeses en novacarta.eu