Adai

Submitted by admin on Mon, 02/03/2020 - 01:32

Adai é unha vella aspiración a traducir. Lembro cando un amigo, Miguel, me preguntaba o significado dos topónimos rematados en i de Lugo, como Adai e Paradai. Nin idea, díxenlle. Son curiosos porque o remate en i existe moito en italiano, nos plurais, pero non en castelán ou galego. Algunha problemática deben ter.

Por outra banda tiña unha necesidade de saber que pasa co árbore sagrado dos celtas. Cal? o carballo. Porque se era sagrado non se conservou o nome celta? Nada de nada? Así que pasaron 2 anos e algún día empatei as dúas preguntas nunha contestación. Quizais a igrexa quixo desterrar o nome da árbore arredor da cal celebrábanse cerimonias relixiosas pagás. Quizais.

Veremos o significado celta de Adai. Desde  o meu punto de vista Adai é A+dai e dai perdeu o r final como moitos outros nomes celtas (acabamos de ver que posiblemente en Balboal dando Balboa). A +dair, xa que logo,

a5, poss. a. 1. (a) His, its.  (b) Her, its.(c) Their

dair1, f. (gs. & gpl. darach, npl. daracha). 1. Oak. ~ choiteann, neamhghasánach, thoilm, pedunculate, sessile, holm, oak. Crann darach, oak-tree. Clár darach, oak-board. Dul idir an craiceann is an ~, to interfere in family affairs. S.a. snag21. 2. Letter D in ogham alphabet.

Temos un posesivo e un carballo: O seu carballo. Atribuíndolle a posesión ao deus ou deusa apropiada? Ou quizais se a a funcionaba como artigo indefinido no celta galego, un carballo.

Cantos Adai quedan? na wikipedia din que

O topónimo Adai pode referirse a:

  • Adai, parroquia do concello do Corgo;
    • Adai, lugar de dita parroquia;
  • Adai, parroquia do concello de Lugo;
    • Adai, lugar de dita parroquia;
  • Adai, parroquia do concello do Páramo;
    • Adai, lugar de dita parroquia;

Poucos e eses poucos indican a forte intervención da Igrexa e do bispo Dumio asegurándose que a palabra dair desaparecese de Galicia xa que representaba os ritos arredor dela, ritos pagás.  Hai que lembrar que o bispo Dumio conseguiu do galego-portugués algo que o fai idioma único: os nomes da semana non teñen que ver con Venus, Marte, Mercurio, Xúpiter, Saturno e ainda Sunday, día do Sol. Ben en Galicia, nese castrapo que temos, ainda se conserva. En Portugal fálase de feira, segunda feira, terceira feira,... non se celebra aos deuses romanos. Grazas a Dumio.

Con esta entrada celebramos a entrada 600 de celtia. org Ainda hai alguén que o ten que pensar? o vai meditar? O paradoxo é total. Un pode ler sobre a presenza celta na historia, non só de Galicia, senón de España. En xornais, en historias, pero acampañado do feito que ninguén desas persoas supón que eran  persoas con cultura propia, feitas e dereitas, falando unha lingua  propia durante miles de anos (e non só desde o 2500 AC  ao O). A mellor das imaxes presentaos como capaces de facer ourivería e armas de metal, facer castros, pero non de falar. Non sabían falar!!! É o que nos queren contar dos nosos avós os ilustres defensores dos "galaicos prerromanos mudos". Como os historiadores españois consideran que antes do Cid non existiu ninguén, e  trátase de prohibir a historia real,  a historia anterior a 1500, a historia non imperial común, pois tamén pensan que os pastores da meseta celtas eran mudos e xordos, tampouco sabían falar!!!

Espero que esta web desperte os azos de coñecer a historia real da Gallaecia, de Galicia, de España, que nace hai miles de anos con homes e mulleres que teñen os mesmos xenes que os demais europeos do Atlántico e saben falar. Meu deus! teñen milleiros e milleiros de palabras para decir todo tipo de cousas e son sociables, queren indicar aos demais os peligros e as oportunidades que se atopan no seu territorio creando topónimos  perfectamente lexibles por calquera persoa con dous dedos de fronte. Ou , ao menos, se sabe ler, pode ver que signifcan aquí, nesta web.

Polo que teño visto, tanto na wikipedia galega como na castelán abundan as etimoloxías fantásticas (Santiso ven de Santirso, e de pronto os feligreses de Santiso perden a memoria, non se lembran do santo, e quítanlle un r. Saben que os vacceos eran pastores celtas, pero cando queren traducir Guisando na wikipedia española din que é alemán de "wissen", ciencia.). Os inventores dunha historia de España e de Galicia falsa e terxiversada métense a centos na wikipedia para contar as súas "fake stories".

Na toponimia vese claramente como a wikipedia castelán ten un comportamento claramente antigalego poñendo topónimos casteláns dos tempos de Franco.  La Coruña, por exemplo, Non poñen o do niño de la guía (si, si así dicíase hai 90 anos en castelán, é moi antigo!) porque non queren ser totalmente ridículos.

Unha imaxen que demostra o pasado celta dun dos Adais de Lugo, en O Corgo