Tordoia

Submitted by admin on Wed, 07/01/2020 - 11:36

Hai 2 dias fixen unha longa incursión por Carballo e Arteixo. Contáronme que na TVG saía un cura de Tordoia contando que, en gaélico, Tordoia significa pena longa, e el descubrira o maior menhir europeo en Tordoia que explicaba o nome de Tordoia.

En primeiro lugar parabéns polos dous descubrimentos, descubrir un menhir xigante e descubrir o significado en gaélico. Eu non  teño estudada a tradución de Tordoia así que, estou interesado en oir (ou ver) a súa versión. Cando queira irei a Tordoia a falar con el  e ver o menhir.

Por fin, alguén que aplica as mesmas ideas de celtia.org á toponimia. Espero que sexa un dos primeiros dos milleiros que seguiran a nosa estela. Non queda máis que seguirnos: se usas gaélico tes traducions razonables dos significado da toponimia galega. Se non aplicas gaélico tes que inventarte- para chegar a deducir algún toponimo- patronímicos suevos improbables, deformacións imposibles das palabras, pero sobre todo, que non teñen nada que ver coa orografía, xeografía, ou maneira de vivir e uso prático do significado do nome: avisa de algo, advirte de algo, transmite coñecemento, serve de algo.

Se Tordoia significa iso acae perfectamente nas condicións lóxicas que lle esiximos en celtia.org.

O dito, parabéns.