Uz

Submitted by admin on Fri, 08/28/2020 - 09:50

Uz, tamén chamadas urce, carrouchas ou breixo, pode referirse en galego a varias plantas da familia Ericaceae, pero tamén está na toponimia:

  • Uz, vila e comuna francesa, situada na rexión de Mediodía-Pireneos, departamento de Altos Pireneos, no distrito e cantón de Argelès-Gazost.
  • A Uz, lugar en Oleiros, concello de Carballedo, provincia de Lugo.

Nesta última Uz, na entrada da Galipedia, fala de etimoloxía

Toponimia

O topónimo é un fitónimo que deriva do latín ulex, icis, Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega.

Nicandro era cura, moi culto en latín, como a meirande parte dos estudosos da toponimia galega.

Que pasa se miramos ao celta? Imos ao

Etymological Dictionary of Proto-Celtic by Ranko Matasovic  (LEIDEN • BOSTON) 2009

*owxsos 'above' [Prep]
GOlD: OIr. os [+Dat.] 'above'
W:MWuch
BRET: OBret. uh, MBret. and MoBret. uc 'h
CO: Co. (a) ugh
GAUL: (a) uz
PIE: *h3ewpso- 'above'
COGN: Gr. hypsi
SEE: *owxselo- 'high, elevated'
ETYM: The zero-grade of this PIE root may be preserved in the Olr. preverb USS-, oss- 'up, off < *uxso- (GOI 525). The reflexes of this preverb/preposition may have been mixed up with the reflexes of *usso- <*ud-so- (PIE *ud 'up, off, cf. Skt. ud, Russ. ry-, OE iit, etc.), but there is otherwise no evidence for PIE *ud in Celtic.
REF: LEIA 0-32, GOI 527, Deshayes 2003: 755.

Vemos claro que a vila francesa está arriba, nun alto, (en galo, Uz)  e probablemente o lugar galego de Carballedo sexa un lugar alto, elevado. Habería que comprobalo. De momento podemos asegurar que o topónimo aparece nun lugar inesperado máis: no IES Castro da Uz de As Pontes de García Rodríguez.

E un castro sempre está nun lugar alto, elevado, arriba.