O Poema da vaca marrón

Submitted by admin on Sun, 10/11/2020 - 23:00

Este foi un problema de tradución galego-celta inverso, de hai moito tempo en celtia.org. Que lugar de Galicia se chama así, o poema da vaca marrón?

Pois un lugar que os latinistas da USC publicaron que era a vila patricial dun pretendido propietario non sei se romano ou pretendidamente xermánico (suevo) cun sistema moi  usado. Tes  unha palabra x que nin idea de que vai e buscas entre os nomes romanos ou suevos aqueles que teñen unha distancia de Hamming máis pequena que outras.

Richard Hamming foi premio Turing Polo seu traballo en métodos numéricos, sistemas de códigos automáticos, e detectores e correctores de erros de código.  

É dicir que buscamos unha palabra que sone á X orixinal que buscamos desvelar.

Pero nós non traballamos así. Traballamos

Poema-dán contén dán

Vaca-bo contén bo

marrón-dom (como xa vimos outras veces)

Dombodán é a solución buscada. Pasei por alí, pola estrada que cruza Dombodán e é unha marabilla de campos tras campos cheos de vacas (hoxe en día non son marróns senón branco e negras maioritariamente) formando unha visión poética de máis de 2000 anos.

Facede a proba e cruzade por Dombodán, polas súas estradas e veredes o poema da vaca marrón.