Celtas

Submitted by admin on Thu, 02/04/2021 - 20:21

Celtas é un vídeo da TVE2 española. Por fin un programa medianamente acertado no que os retrógrados son os historiadores galegos xa que o máis importante para eles non son os miles de poboados galegos, a súa cultura, as súas crenzas, os seus símbolos, a súa fala..." senón que ultimamente atoparon unha cerámica do sur español", todo o importante vén do Sur... Os galegos son ...

https://www.rtve.es/alacarta/videos/arqueomania/arqueomania-celtas/5305427/

Un exministro español presenta un programa que pon as cousas no seu sitio: a cultura castrexa é a cultura celta do cadrante noroeste de España contra o que pensan os historiadores galegos dun programa da TVG "os castros". Ali 9 de cada dez historiadores galegos ademais de non concordar en nada entre si (a cultura castrexa comenza en dez séculos distintos segundo cada un dos historiadores) so coinciden en que non somos celtas "porque o din eles". Poden prescindir da realidade porque as súas crenzas son máis importantes que a realidade. Non necesitan probas porque eles xa saben... Un pouco ao estilo Ayuso de que eu penso que ...

Mentres en "celtas" saben incluso que hai 2 tipos de celtas en España, os galegos, celtas desde sempre, por ser a orixe xenética dos celtas do Atlántico, cousa que descoñecen os dos "castros", e os celtíberos da meseta española, que falan unha lingua distinta e proceden da cultura de La Tene. Saben que os historiadores gregos e romanos falan dos celtas en España, no centro son celtíberos,...

En resumo que non se vos ocorra ver as parvadas dos castros e si un programa serio como celtas.

.

 

 

 

 

 

 

.