xovenca, xuvenca

Submitted by admin on Wed, 03/17/2021 - 18:40

Di a RAG

xovenco, xovenca substantivo Cría da vaca, polo xeral de dous ou tres anos. Mercou un xovenco na feira de Monterroso. O veterinario asistiu a xovenca no seu primeiro parto. SINÓNIMOS almallo, novelo CONFRÓNTESE becerro, cucho, cuxo1, pucho2, vitelo, xato

Na casa dos meus avós chamábanse xuvenca, non xovenca. Xuvenca pode ser latín ou celta. O latín Lat. iuuencus 'young cow',  clava o son e o significado. Pero  "xoven" en bretón (BRET: MBret. youanc, MoBret. yowank), no proto céltico (*yowanko- 'young'), galés ( W: MW ieuanc (GPC ieuanc, (-ng), ifanc, iefanc)), ou córnico(OCo. iouenc, MCo. yo(wy)nk ), e ainda o galo ( Iouinc-illus, Iouinca ) afondan nunha orixe dual, celta-latín.Vexamos:

*yowanko- 'young' [Adj]

GOlD: Olr. oac [0], oc

(DIL) W: MW ieuanc (GPC ieua nc, (-ng), ifanc, iefanc)

BRET: MBret. youanc, MoBret. yowank CO: OCo. iouenc, MCo. yo(wy)nk

GAUL: Iouinc-illus, Iouinca [PN] PIE: *h2yuh1-nk-o- 'young' (IEW: 510)

COGN: Skt. yuva.sa- 'young', Lat. iuuencus 'young cow', OE geong 'young' ETYM: The change of (Early PCe1t.) *yuwanko- to *yowanko- is regular, cf. *supno- 'sleep' > *suwno- > *sowno- (Olr. suan).

PIE *h2yuh1nk-o- is a derivative from *h2yu-h1en- 'young, possessing vital force' (Lat. iuuenis, Skt. yuvan-, Lith.jaunas, and OCS junb). The root is *h20yu- 'vital force, lifetime' (Skt. dyu-), cf. also the parallel formations of Olr. oitiu [d f] 'youth' and Lat. iuuentus < *h2yu-hln-tuHt-.

Cómpre varias reflexións neste punto:

Vemos en xuvenca un bó exemplo de desvio do significado de xoven en celta galego orixinal  a xoven vaca desde  a época latina, influído polo latín.  Na actualidade o seu uso é, moitas veces, unicamente como nome dalgunha vaca.

Unha segunda reflexión é ver como o indoeuropeo, a proximidade desas linguas, fai posible que a orixe latina ou celta sexa dubidosa coma neste caso.

E a terceira é o sentimento de vertixe que sinte un ao pensar que estamos dicindo, ao dicir xuvenca, unha palabra que usaron millóns de personas en todos os países celtas atlánticos, durante miles de anos. O galego é unha das linguas máis faladas do planeta  a través do portugués, máis antigas e extensas a través das conexións celtas e indoeuropeas.

Estes días estiven lendo un libro de Ian Stewart sobre a Simetría (Uma história da simetría na matemática) en portugués, con facilidade e pracer. A posibilidade de poder ler castelán e portugués de entrada fai do galego unha lingua imprescindible para un galego ou galega.