Nemetobriga

Submitted by admin on Tue, 03/23/2021 - 13:02

Por un lado aplaudo a Galipedia pola súa versión (que non fala de suevos, ou romanos, vaia):

Nemetobriga é o topónimo romano, utilizando palabras celtas romanizadas, dun poboado prerromano, aludido polo astrónomo Tolomeo como a cidade máis habitada da tribo dos Tiburos, tribo astur, que podería estar na actual Pobra de Trives.

O nome Nemetobriga prorcede de nemeton[1] (lugar sacro ou sagrado) e briga[2] (altura, fortaleza). Ambas atópanse nos nomes de moitos lugares de Europa relacionados cos celtas: Nemetacum (na Gallia Belgica, cidade francesa Arras), *Nemetodurum (cidade francesa de Nanterre), Vernemetum (no condado de Nottinghamshire en Inglaterra), Medionemetum (en Escocia) para o primeiro formante, e para o segundo Brigae (Brzeg, en Polonia), Brigantia, (Briançon en Francia); Attobriga (Weltenburg, Babiera, Alemaña); Cantabriga (Cambridge, Inglaterra) etc.

Hai varias opinións sobre a situación do poboado. O filólogo francés Georges Dottin opinaba en 1915 que estaba preto de Ponte Navea, na estrada de Ourense á Pobra de Trives xa preto desta última. Por aquí pasaba unha vía militar romana, a Vía Nova ou Vía XVIII segundo o itinerario de Antonino. Mentres, a maioría de arqueólogos e historiadores a sitúan no que hoxe é Trives Vello.

En 1977 a revista estadounidense National Geographic publicou un mapa da Europa Celta e nel figuraba Nemetobriga como o principal centro relixioso da Hispania celta.

Ao que lle engadimos o protocéltico

*nemeto- 'sacred place, sanctuary' [Noun]

GOlD: Olr. nemed [0 n > m]

W: OW Eid-nivet [PN]

BRET: OBret. Iud-nimet [PN]

GAUL: nemeton (Vaison, RIG G-153)

SEE: *nemos, *nanto

ETYM: It is unclear whether MW nyfed 'strength' belongs here. The development would have been from 'sacred, endowed with power' to 'strong' and 'force, strength'.

Agora cómpre sinalar que o autor dese libro de protocéltico esquécese de citar Nemetobriga. En realidade, esquécese na súa totalidade de Galicia. Non existe, non a menciona. Pese a que cito constantemente o seu libro para apoiar a lectura celta da toponimia galega.

Porque se un país nono cree e non se documenta a súa orixe, con que documentación vai facelo un estudoso estranxeiro do tema. Pois agora poden utilizar celtia.org