Vilar de Donas

Submitted by admin on Mon, 05/10/2021 - 01:04

Segundo a RAG

don, dona

Tratamento de respecto que precede aos nomes de pía de home ou de muller. OBSERVACIÓNS: A abreviatura desta palabra é D. para o masculino e D.ª para o feminino Estiven falando con don Carlos. A mestra chámase dona María. CONFRÓNTESE señor, señora

substantivo feminino

2 Dama, señora, muller, nun trato respectuoso. Veu unha dona que quería falar con vostede. Miñas donas, meus señores.

3 A muller casada, en relación co marido. Presentoume a súa dona. SINÓNIMOS esposa, muller, señora

4 Ser fantástico da mitoloxía popular galega que habitaban nos ríos e nas fontes. As donas peiteábanse con peites de ouro.

Segundo o gaélico

dona1, a3. 1. Unfortunate, unlucky 2. Bad.

donas, m. (gs. -ais). Ill-luck, misfortune; affliction, misery; deuce, mischief.

En primeiro lugar en gaélico o plural non se forma engadíndolle un s. Dona e donas son semanticamente distintas.

dona1, a3. 1. desafortunado, mala sorte. 2. Malo Dentro de Celtia apareceunos en Maradona, herba dona ou pontedona, ao menos.

Donas=A desgraza, m. (Gs. Es). A mala sorte, desgraza; a aflición, miseria; trasnada

A guía hoxe contábanos os múltiples intentos de facer aparecer donas nun mosteiro de homes e non de mulleres. En facer aparecer donas contando as donas dos cabaleiros enterrados. O outro guía facía aparecer donas nas 2 fillas dun dos personaxes relacionados coa igrexa.

É dicir, non parece que houbese nunca donas relacionadas coa igrexa e si ser un lugar de enterramento de cabaleiros ou guerreiros celtas que tiveron mala sorte, que tiveron unha desgraza, acaso os mellores? A tradición continúa na idade media enterrando a cabaleiros da orde de Santiago que tiveron a desgraza de morrer (habería que comprobar como).

Non o contei antes porque hai dous anos conteillo a un amigo e case me pega... Via donas por todos os lados habitando a Igrexa. Polo que eu cheguei a crer que había monxas alí. O punto de vista da guía reafirmoume a declarar este significado celta que resolve o misterio do "sinsentido" do nome. Ademais de suxerir que os heroes tiñan enterramentos en lugares especiais, pero só o nome, realmente, o suxire.

A nova versión de Vilar de donas en novacarta terá moitas fotos dos enterramentos. E máis fotos, dentro duns días.

Por certo que o significado 4 da RAG unido ao significado gaélico parece indicar que  as donas4 traían a desgraza. Habería que escoitar ou ler un conto sobre donas4.

Hai 49 donas no listada da toponimia. Que ou ben se refiren a donas 4. Ou ben non informan de nada. A metade da poboación son donas así non é extraño que estivesen por todos os lados. Se tivese sentido, se fose interesante telo en conta, deberían ser non 49, senón 4900 exemplos.

 
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
A Casa das Donas BANDE Calvos (Santiago)
A Casa das Donas BANDE Os Baños (San Xoán)
A Casa das Donas CERVO Castelo (San Xiao)
A Cavada da Fonte das Donas MOAÑA Domaio (San Pedro)
A Fonte das Donas GUDIÑA (A) Barxa (San Xoán)
A Fonte das Donas MUÍÑOS Porqueirós (Santo André)
A Fonte das Donas PONTENOVA (A) Vilaboa (San Xulián)
A Pena das Donas RIOTORTO Santa Marta de Meilán (Santa Marta)
A Peza das Donas CERVO Castelo (San Xiao)
A Veiga dos Cardonas VIGO Cíes
As Bouzadonas PORTO DO SON San Pedro de Muro (San Pedro)
As Donas BANDE Corvelle (Santa María)
As Donas CAMBRE Cecebre (San Salvador)
As Donas CASTROVERDE Barredo (San Xoán)
As Donas CERVO Castelo (San Xiao)
As Donas PÁRAMO (O) Friolfe (San Xoán)
As Donas PINO (O) Pastor (San Lourenzo)
As Donas POL Fraialde (Santa María)
As Donas PONTECESO Tella (Santo Eleuterio)
As Donas PONTENOVA (A) Conforto (Santa María)
As Donas QUINTELA DE LEIRADO Mociños (Santa María)
As Donas RIÓS Rubiós (San Pedro)
As Donas VEIGA (A) Prada (Santo André)
As Donas VIGO Coruxo (San Salvador)
As Fontes das Donas CERDEDO Cerdedo (San Xoán)
Camiño da Auga das Donas TEIXEIRA (A) Boazo (Santa María)
Camiño das Donas CASTROVERDE Barredo (San Xoán)
Canella das Donas BANDE Corvelle (Santa María)
Casadonas SAVIÑAO, O Licín (Santalla)
Chao das Donas BOLO, O Xava (San Salvador)
Cruceiro de Donas BOQUEIXÓN Donas (San Pedro)
Donas BOQUEIXÓN Donas (San Pedro)
Donas, As CERVO Castelo (San Xiao)
Donas, As FRIOL Vilalvite (San Pedro)
Fonte das Donas PONTENOVA (A) Vilaboa (San Xulián)
Fonte de Donas BOQUEIXÓN Donas (San Pedro)
Igrexa de Vilar de Donas PALAS DE REI Vilar de Donas (San Salvador)
Monte de Vilar Donas PALAS DE REI Vilar de Donas (San Salvador)
O Castelo das Donas LOBIOS Río Caldo (Santa María)
O Cavorco das Donas VEIGA (A) Prada (Santo André)
O Outeiro das Donas PARADA DE SIL As Paradellas (Santa María)
O Porto das Donas TABOADA Piñeira (Santa María)
O Río das Donas ALFOZ As Oiras (San Mamede)
O Val das Donas TOÉN Xestosa (Santa María)
Os Prados das Donas CERVO Castelo (San Xiao)
Outeiro de Donas ANTAS DE ULLA Casa de Naia (Santa María)
Río das Donas ALFOZ Oiras, As (San Mamede)
Vilar de Donas PALAS DE REI Vilar de Donas (San Salvador)
Vilardonas RIBAS DE SIL Ribas de Sil (San Clodio)

Outeiro das desgrazas, río das desgrazas, castelo das desgrazas conta unha información interesante para o oínte porque parece que neses lugares acaeceron desgrazas das que podes tirar conclusións e non achegarte a eses lugares. Se son mulleres o castelo das mulleres é unha curiosidade irrelevante, sen interese ningún.

Ainda máis, Vilar das Donas sería gramaticalmente correcto se fosen mulleres e, en cambio, Vilar de Donas é gramaticalmente correcto se se traduce por Vilar da Desgraza.