Curbián

Submitted by admin on Thu, 05/20/2021 - 10:08

Xa hai unha entrada Curbián en celtia.org e non imos cambiar a perspectiva léxica, senón a semántica galega. Ese sitio único Curbián, de Palas de Rei, Que ten de característico respecto ao nome? Que pode significar bián neste caso?

Fun onte a Curbián, á igrexa de Curbián

Igrexa Parroquial de San Martiño de Curbián

E a igrexa non está nunha zona elevada, senón agochada, pero a parroquia está chea de pequenos asentamentos, de múltiples caseríos, nunha zona bastante chá.

Así que bián debería traducirse non por un asentamento grande ou tamaño de asentamento senón por asentamentos numerosos, múltiples que compoñen un asentamento grande.

A igrexa, conserva matices románicos, pero ten un que a fai distinguir: unha dobre fila de cruces de granito na pequena estrada que remata na igrexa. Como se ve na foto final. Un exemplo máis do máxico terror ás forzas celtas presentes nesa antiga igrexa celta cristianizada. Normalmente, abonda con rodear a igrexa con cruces de granito. Aquí, por non estar nun alto, rodean o camiño que leva á igrexa nunha presentación tipo militar.