Rubián, Rubiá, Rubiás, Rubiáns

Submitted by admin on Fri, 05/21/2021 - 13:22

Xa que acabamos de ver Curbián, seguimos con outro bián: Rubián.

Que é ru?

Por un lado

rú, m. (gs. ~).Bot: Rue. ~ Mhuire, Ladys bedstraw. Ou forma gramatical  de: raigh » (da que non concluímos nada)

Así que botánica Rue pode ser ruda, a herba ruda, que di a RAG

ruda substantivo feminino1 (Ruda graveolens) Planta herbácea perenne da familia das rutáceas, de ata setenta centímetros, talos de base leñosa moi ramificados, follas alternas azuladas e pequenas flores amarelas en corimbo, que despide un cheiro forte e ten propiedades medicinais. Preparaba remedios con ruda.

E bián, de novo, parece referirse a abundancia, ao numeroso dela na zona, máis ca grandes exemplares de ruda, de gran tamaño. Abundancia de ruda, din todos eses nomes.

Porque é interesante para un celta citar na toponimia a unha herba? Porque é unha herba especial, unha herba curativa, unha herba buscada polas súas propiedades. Así que mencionala, serve de utilidade para aqueles que a utilizan, que van buscala.

Onde  hai Rubián ou formas dialectais?

O topónimo galego Rubián pode referirse a:

Véxase tamén

Rubiá pode referirse a:

Parroquias

Lugares

E

Rubiáns, Vilagarcía de Arousa

Queda claro, pola abundancia na toponimia, o gran interese do mundo celta galego pola ruda e as súas propiedades curativas ou preparación de pócimas máxicas. A de Asterix tiña ruda? É unha broma.

Para ver a Ruda Ruta Botánica do Pazo Museo de Arxeriz