Meiroi

Submitted by admin on Sun, 07/11/2021 - 12:52

Meiroi, San Xurxo de Piquín, Ribeira de Piquín está preto de Meira(11,7km, 13 minutos), así que a súa fala de Me(eu) i(en)  funciona coma en Meira. Pero que é roi? Cando estás en Meiroi que observas de particular, en que estás envolto?

Fun ata Meira hai uns días e cubrín varios puntos da zona como o Pedregal de Irimia ou o Alto da Serra de Meira, Pico do Forno de Martín

Quere dicir que é un lugar alto, onde se poden ver vistas estupendas como se poden ver no punto de novacarta.eu e que ademais está ateigado de aeroxeneradores para xerar enerxía eólica.

Pois ben, o tempo en Meira era bo. No Pedregal de Irimia era bo. Polo que asumin que miradoiro sería alto, pero nada máis. Nada máis lonxe da realidade. Parei nese punto e os ventos eran tan fortes que temín que volcasen o coche e o precipitasen polo monte abaixo. Ao saír do coche foi terrible. Voábanme as  gafas, tiven que recollelas do chan, vooume o móbil e ídem. Pero o máis anguriante é que eu tamén voaba, ademais de que se intentaba dirixir o móbil a un lado o vento poñíao doutro lado. Tiven unha dificultade extrema en sacar as fotos (por máis que me pegaba a unha parede dun edificio dalí). Tiven verdadeiro medo da situación. De feito, ía ir ata Ribeira de Piquín e abandonei a idea e volvín a Lugo.

Supoño que esa situación non é a habitual, pero quizais si é moitísimo máis probable que noutros lugares, razón pola que puxeron alí os aeroxeneradores, claro. Ademais, na costa ese día habia alerta de vento, polo que era unha situación previsible se coñeces o lugar.

E que ten todo isto que ver con Meiroi? Pois que non fun ata alí, pero está exactamente a 10 minutos dalí, do Miradoiro, pero só a 7,3km. Tes que ir polos picos da Serra, pero case á mesma altura. A zona de Meiroi é dez veces máis montañosa que do Miradoiro, pero non sei comparar as alturas no mapa.

Repetimos Meiroi, Eu en... imos ao celta

roid, f = raideog2.

raideog1, f. (gs. -oige, npl. ~a, gpl. ~). Fling, kick; cast, throw. Lanzar

raideog2, f. (gs. -oige, npl. ~a, gpl. ~). Bog-myrtle, gale. Gale=vendaval

Cando estás en Meiroi estás no medio de frecuentes vendavais e veste lanzado, empurrado polo vento.  Así o Meiroi, en Eu en vendaval indica o que hai alí. O que vas vivir alí. Non o creedes? Collede o coche e ide ata alí un día dun pouco vento... Comprobarédelo, sen dúbida.

Meiroi está habitado e o Pico do Forno, non. Meiroi avisa o que vas ter ao vivir alí ou para chegar alí. Esa é a utilidade do nome.