changüí

Submitted by admin on Wed, 09/13/2023 - 17:55

E para rematar, por hoxe, os chan celtas, imos con changüí do que di a RAG

changüí substantivo masculino1 Quiñón que se obtén da venda dunha cesta de peixe. A cada mariñeiro correspóndelle o seu changüí.

A palabra celta debe ser unha ironía, unha retranca dos nosos mariñeiros de hai miles de anos, que seguramente conta unha historia de pago con "avemarías" ou oracións en vez da parte xusta do reparto dos quiñóns. Xa que chan é non e güi é oración. Ben, é gui, güi, goi pois en Miño seguen a facer letreiros coas tres versións da palabra. Aínda que avanza a versión goi- quizá porque é menos irlandesa e leron celtia.org.

En resumo, a palabra di que non me pagues con oracións, con avemarías.