Apelidos, México, Jarama, Sanjenjo, Curujeiras, Feijoo,...
Parabéns á nova reitora da USC. Escoiteina nunha conferencia que deu no Círculo de Artesáns da Coruña sobre os Apelidos galegos. Resulta que o Consello de Cultura Galega encargoulle un traballo sobre a orixe dos apelidos galegos. E ela, Catedrática en Estatística como é, resolveuno certificando que a orixe da meirande parte dos apelidos galegos é, moi recente, un invento ou imposición da Igrexa Castelán-que non galega- impoñendo que no bautizo os apelidos que se poñían tiñan relación co nome do pai. De Enrico, Enriquez, de Fernando, Fernández. Moi feminista. Por que pode deducirse?