Freán, Freáns, Freás

Submitted by admin on Mon, 01/04/2021 - 15:57

Imaxínate que estás desenterrando un castro cheo de tesouros e atopas un sinal de tráfico poñendo Stop ou algo parecido, por exemplo "xira á esquerda". Quedarías en shock, atónito.

Esta palabra celta de Freán é un sinal deste tipo. Hoxe quedei en shock ao desvelalo.

Pero o primeiro é o primeiro, cantos e onde hai?

Segundo a Galipedia hai os seguintes:

Lidín

Submitted by admin on Thu, 12/31/2020 - 18:32

Por unha banda temos lí, pigmento, color, coloreado e por outra temos tellado, dín (que vimos moitas veces)

Así que Lidín en Fanoi, en Abadín, significa tellado coloreado, con cor.

Abadín

Submitted by admin on Thu, 12/31/2020 - 10:31

Foi un misterio durante bastante tempo. dín parece tellado, pero aba que fai aí?

Así que misterio...

Unha solución ou solucións recorrentes,  antróponimos inventados ao canto. Así o fai a Galipedia, incluso con xenitivos ficticios, e abásidas importados...

Pabeal

Submitted by admin on Thu, 12/31/2020 - 08:05

Non é dificil imaxinar unha orixe para a palabra Pabeal, un lugar de Betanzos, ainda sen saber o que significa exactamente. Pá béal, ou sexa pagar boca. Pagaban o traballo segundo o tamaño da familia? Segundo as bocas? A cada un segundo as súas necesidades?

Ou pagaban só coa comida? Ainda en 1900, nos viñedos de Oporto, só pagaban coa comida...

Balbucir

Submitted by admin on Wed, 12/30/2020 - 23:15

Etimologias de chile di que vén do latín, de balbus (tatexo). Balbucir de balbutire (balbucir, tatexar)... pero, por unha vez explica que nas linguas indoeuropeas hai palabras moi semellantes (en sánscrito, en grego, con bárbaro, procede de aí). Que pasará co celta?

Pois vexamos

Abeal

Submitted by admin on Wed, 12/30/2020 - 21:06

Primeiro, apelido. Xosé Abeal profesor e poeta, é un exemplo.

Abeal, polo que vimos na entrada anterior significa A béal, a súa boca. Que tiñan unha boca grande, característica? Pois nin idea. Si que era salientable para denomnar a unha familia e dar lugar a un apelido. Se vemos a foto de Xosé Abeal vemos que tiña a boca grande (pode ser casualidade, pero... xa son moitas).