Maia e Gaia

Submitted by admin on Mon, 07/21/2025 - 10:36
Maia e Gaia

Como xa contei, a semana pasada estiven en Eindhoven, en Holanda. E fun desde Porto e o seu Aeroporto Sa Carneiro por RyanAir, xa que os aeroportos galegos so te levan a Madrid. O Aeroporto está na zona de Maia, e ao pasar por ela traducínna, Má-ía

1, f. (gs. ~, pl. ~nna). Plain. Chaira

ía, como en Noia, ría, Oia, Arnoia, significa recinto

Así que Maia é un recinto plano, un recinto chaira. Éo? mirei a zona, viña dos montes fronteirizos con Galicia e dos montes de Braga, pero alí todo é unha chaira extensa sen un fin visible. Vexámolo en Googe Maps e en relevo. Os montes, verdes, están moi lonxe da zona de Maia que non ten ningún sinal de relevo, é unha chaira.

Vilanova de Gaia está ao outro lado do río Douro e alí tamén non hai sinais de relevo, é unha chaira, pero Gaia fala de Ga-ía, ou sexa ga-aquí e ía-recinto, aqui tedes un recinto-quizais defensivo, unhas murallas, onde vivir.