Allariz

Submitted by admin on Sun, 02/01/2026 - 21:27
festa do boi

Allariz danos pé para ver un -posible- novo significado de riz na toponimia e de como -maxicamente- o nome de Allariz describe algo que está a verse hoxe en día, algo que destaca hoxe en Allariz e destacaba na Gallaecia hai máis de 2000 anos. Como o que deduzo está escrito en Irlanda e nas fotos dos turistas penso que está suficientemente validado agás para os testudos latinistas ou suevistas. Non, Allariz non vén de Allarico, aínda que neste caso todos sabemos que si, que Alarico é un nome xermánico. Non así Allarico.

Imos ver. Allariz é Alla-riz, en celta, Alla-rís

Que é Alla?

Temos tres significados

alla1, m. (gs. ~). Shout. Gritar

alla2 = allta. E  allta, a3. Wild. Salvaxe

alla3 : damhán 2, ruán1 4.  E damhán, m. (gs. & npl. -áin, gpl. ~). 1. Small ox.  ou sexa boi pequeno

É rís aquí ademais de uncovered, ao descuberto pode significar pública, á vista de todos, porque está referíndose á festa de Allariz, festa pola que se coñece ata hoxe en día, en que se fai a festa do boi, que, polas imaxes, é mais ben pequeno, un small ox, un boi pequeno.

Así Allariz está anunciando que ten, vende, bois pequenos, quizais úteis para carros pequenos, e -tamén posiblemente-celebra unha feira ou festa para celebralo.  Hoxe en día, si. Celebran unha tradición de máis de dous mil anos, que lle dá xustamente nome celta á vila.

Aínda que a historia truculenta que conta a páxina web https://www.festadoboi.gal/ é outra que pode explicarse como un medio de cristianizar un costume antiquísimo dunha relixión pagá atribuíndolle un carácter ou conto antixudeu. Desde logo, o nome é moi anterior ao 1300 e Allariz ten ben gañado o título de Aldea de Asterix que resiste a perdurar as súas antigas tradicións.