Vilaragunte, Bagunte

Submitted by admin on Sat, 01/12/2019 - 13:36

Gunte significa arma quente, como a estas alturas deberiamos ter claro. Ra é dicir. Así que segundo fagamos a división sería "Vila dita arma quente" ou "Vilar a arma quente".

No listado exposto de Toponimia da Xunta non está Vilaragunte (si como parroquia, pero non coma topónimo), si está en novacarta Turismo ou a wikipedia, xa que a wikipedia contén case todas as parroquias. Que non teña a toponimia da Xunta o nome de todas as parroquias de Galicia é unha importante eiva para poder facer estudos mellores e máis completos. Desde logo, non sei se vos fixástedes, nos nomes das parroquias galegas están concentradas as máis antigas poboacións galegas, seguramente, os nomes máis celtas de toda Galicia (posiblemente por máis antigos) e os nomes relativos a relixiosidade precristiana de Galicia. E esa poidese ser a razón da súa non inclusión coma topónimo: ter pistas para desvelar a celticidade e relixiosidade pagana  de Galicia.

En canto ao significado poidese ser que estean falando dun ferreiro que creaba ou retocaba armas, coitelos, etc, utilizando o lume, ou o más improbable, que soubesen facer armas quentes dalgún tipo especial.

Algo parecido á citania de Bagunte, en Portugal, Cividade de Bagunte ou Citânia de Bagunte, Bagunte, Vila do Conde.  Xa explicamos o signifcado en forma de problema a resolver, hai tempo.

Sorprende que en xaponés tamén se diga Gun como arma: Guntō (軍刀?, "espada militar") é o nome en xaponés usado para describir as espadas xaponesas producidas para o seu uso na mariña e no exército xaponés trala fin da era dos samurais en 1868.