Meirama

Submitted by admin on Tue, 05/04/2021 - 09:14

A Central Térmica de Meirama é  primeira clave  Central Térmica de Meirama Pasei onte por alí. Desde sempre a lembro ver desde moi lonxe ao pasar da autovía A6 á autopista A9. Está nunha posición alta, visible a decenas de kms. Desde aquí é visible Miradoiro Sobre A Mina en Meirama

Sen embargo, non nos serve como orientación a Igrexa  Igrexa Parroquial de Santo André de Meirama porque non é precristiana, é medieval lucindo unha preciosa cruz galega medieval, o símbolo do románico galego, ademais dunha negrura infinita  na portada producto da extracción de carbón. Na parede do lado, que ten un tellado adosado, sen embargo, non se ve carbonizada. Protexida polo tellado.

Pero ao pasar onte por alí  entendín Meirama. Pasei por ben unha decena ou máis de kms en superficie plana. Estamos, xa que logo, nunha gran meseta, nunha meseta moi alta, a meseta alta meirande en extensión de Galicia?  Pois non o podo asegurar, a Terra Chá, quizais? Meirama ten preto o Mesón do Vento que parece que continúa a meseta.

Todo isto abonda para afirmar que é unha meseta famosa, unha meseta nomeada, con fama, é iso é Meirama.

Meira, xa o vimos no seu momento, é unha maneira fina de dicir famosa: eu en dicir, equivale a famosa. Se non tes a palabra famosa terás que recreala cun circunloquio. E ma é meseta. Como en Visma, ainda que non hai comparación. Visma é unha meseta alta duns metros ou centenares de metros.

plain » má má é meseta