O último período glacial e o colo de botella

Submitted by admin on Mon, 10/03/2022 - 12:12

Nalgún lado de Internet pode lerse:

Hai uns 11,7 mil anos, os glaciares retrocedéronse. O nivel do mar subiu uns 120 metros, ata o nivel actual (estaba 120 metros abaixo do nivel actual pois a auga estaba no xeo). Os humanos modernos abandonaran África hai uns 70.000 anos e, polo tanto, asentáronse en moitas áreas que agora están baixo a auga. Entre as terras perdidas atópanse Doggerland (lugar onde dragaron artefactos), Sunda, Sahul, o Golfo Pérsico, Beringia, a conca do Mar Negro de auga doce e moito máis.

Pero a mellor descrición do que sucedeu está neste GIF:

Ou na wikipedia inglesa The Last Glacial period Ou Doggerland

Quen dixo que non hai cambio climático (e en so 12000 anos) e que iso non repercutiu nas poboacións humanas?

Pois os humanos europeos pasaron por un colo de botella xa que nun momento determinado só había uns moi poucos de miles de habitantes, cuxos descendentes, obrigados a mesturarse entre si teñen enfermidades xenéticas (o mesmo que ocorre ao mesturarse de modo incestuoso nunha familia, véxanse os Austrias españois, ou nos 7000 franco-canadenses que dan lugar a Quebec coas súas enfermidades xenéticas propias). Enfermidades xenéticas relativamente raras, pero que si están nun membro dunha familia, transmítense aos seus descendentes e ao ter descendentes comúns afloran esas enfermidades.

Iso ocorreu en Galicia nestas épocas de colo de botella da humanidade e transmitiuse aos paises celtas atlánticos. Isto proba a verdadeira liña xenética galega de Gran Bretaña e Irlanda.

Entón que pasa coa liña xenética do R1b de toda Europa Occidental? Que non ten tanto porcentaxe de poboación puramente galega. Está máis mesturada con outras. Pero o que seguramente sucedeu é que herdaron a lingua celta por ser a liñaxe galega a poboación predominante (antes e agora). E o indoeuropeo? Xa existía hai 12000 anos. Esa é unha tese propia que desenvolverei noutro momento, como teño prometido xa.

De todas maneiras esa lingua celta pasa por modificacións en cada zona e, dun modo máis acelerado, en tempos máis recentes. A lingua recréase no contacto comercial e de irmandade durante miles de anos.

Naturalmente, hai outras teses para o indoeuropeo, as teses dos yamnaya rusos ou ucranianos de hai 6000 anos que seguen a propagarse e que son parte das fake news rusas para demostrar que son a orixe de Europa e as creo totalmente falsas. Teñen aspectos alucinantes como que as mulleres europeas prefiren a estes homes e eses homes prefiren as europeas ás mulleres da súa propia raza. Ou que se basean en analizar o ADN de cadáveres antigos (probablemente conservados porque non foron enterrados coma os propios europeos). De 11 cadáveres ou así. E en xeral a súa teoría non está explicada.

So hai que supoñer que as marcas xenéticas "yamnaya" estaban nos primeiros galegos e xa tes que toda Europa ten esas marcas xenéticas. Probablemente si é certo que esas marcas producíronse hai 20-30000 anos cando a humanidade europea estaba formándose nas chairas do sur de Rusia. E estaba formándose o R1b e o R1a.