Leire, leira, Leiro e Leiría

Submitted by admin on Fri, 05/30/2025 - 23:10

Estes días está de moda o nome de muller Leire, sobre todo por Leire Díez. O nome Leire vén do Mosteiro de Leire, en Navarra. Un mosteiro que está nas raíces do Reino de Navarra. A wikipedia española afirma na toponima que:

El monasterio debe su nombre a que está ubicado en Leire,[13]​ un paraje del municipio de Yesa, en la Comunidad Foral de Navarra. Según la hipótesis más probable, debida a Alfonso Irigoyen, es un derivado del latín legionarius ‘legionario’, convertido en nombre de persona Legionarius, que luego daría nombre al lugar en el que este vivía. En la documentación antigua el nombre aparece con muchas variantes: Lairensis, Leger, Legere, Legior, Legor, Legore, Legurensis, Leier, Leior, Leiore, Leiori, Leioris, Leiro, Leiuri, Leyere Leyor, Leyore, Liger (ss. IX-XII, NEN); Leger, Legiorensis, Leguri, Leior, Leire, Leyro y Sanctus Saluator de (1087- 1137, NEN).[11]

Eu dubido que legionarius teña nada que ver con Leire. E si penso que o Leiro, Leira galegos teñen que ver con Leire e o celta:

léire. 1. f. (gs. ~). Clearness, distinctness; clear-headedness; accuracy.  

Claridade, nitidez; lúcida de cabeza; precisión.

As terras cultivadas galegas, as leiras, consiguense liberando de vexetación, de matogueiras, clarexando a vexetación, para poder cultivar. Trátase de clarexar o bosque para poder cultivar. O que fan no Amazonas co bosque tropical. As leiras son terreos clarexados, limpados de maleza. A ver, explico a miña experiencia persoal. Herdamos de miña nai algúns montes e leiras en Miño e Pontedeume. Que pasa coas leiras? Que para que sexan leiras hai que limpalas anualmente, hai que limpalas de toxos e malas vexetacións. Limpámola durante dous anos a 1000 euros /ano, o que o fai insostible. Así que falando con Urbanismo do Concello de Miño propúxome coma solución atar unhas ovellas ou cabras que limpen esas terras. Que así o facían nas súas familias. Díxenlle e onde as gardo e onde vivo eu se non me deixades construír preto das leiras?

Despois desta explicación, queda claro que unha leira vén sendo un monte clarexado, de aí o seu nome celta.  léir2, a1. 1. Clear, lucid; distinct, explicit; clear-headed, clever. Nas fotos dos americanos do 1956 víanse liberadas de calquera maleza. Hoxe non é posible entrar nesa leira.

Pero en Navarra non se fala vasco? Si, pero hai 2000 anos falábase celta, tamén, e o cerne vasco estaba máis ao norte, en Aquitania.

Unha curiosidade máis: mentres escribía isto estaba escoitando a Leire Martínez na tele cantando a súa canción "Mi nombre".

E que dizer de Leiría, na wikipedia portuguesa contan que:

Os primeiros habitantes que se sabe ao certo, foram os túrdulos (Turdulorum Oppidani), um povo indígena celtibero (relacionado com os Lusitanos), que estabeleceu uma povoação perto (a cerca de 7 km) de Leiria. Esta foi posteriormente ocupada pelos romanos, período em que floresceu sob o nome de Collippo. As pedras da antiga cidade romana foram usadas na Idade Média para construir parte de Leiria, destacando-se o castelo onde ainda se podem ver pedras com inscrições romanas.

O nome Leiria em si, deriva de leira (do galaico-português medieval laria: a partir do protocelta * ɸlār-yo-, semelhante ao lar em gaélico irlandês antigo 'chão', em bretão leur 'chão', em galês llawr 'andar') que em português significa área de lotes agrícolas.

Eran celtas e a toponimia a desentrañan nalgún dicionario de fantasía, necesitan pasar por lar para concluír o que significa en portugués, área de lotes agrícolas, exactamente á nosa leira, terreo de cultivo, terreo de labranza. Así, para min, Leiría vén de Leir+ía, recinto clarexado e polo tanto, apto para labores agrícolas.

 

 

 

 

 

 

 

l