Angueira, néboa, ceo

Submitted by admin on Wed, 12/17/2025 - 12:49

Retomamos as palabras celtas galegas que comezan co artigo celta an, 

An é o artigo definido en celta

an Some of the most common uses of the definite article are:1. (Particularizing) An fear, the man. An bhean bheag, the little woman.

2. (Exclusive) An domhan, the world. An spéir, the sky.

3. (Denoting class, species) An duine, man(kind)

4. (With nouns followed by demonstrative) An fear seo, this man. An bhean sin, that woman. 5. (With abstract nouns, in general reference) An grá, love

cunha curiosa etimoloxía "persa" na explicación da Galipedia:

O topónimo Angueira podería ter a súa orixe no persa a través do grego ángaro e do latín angarius, referido a "requirir para unha prestación de transporte". Pode referirse a dous lugares próximos á vía portuguesa do Camiño de Santiago, onde quizais se remudasen as bestas antes de chegar a Santiago de Compostela:[1]

En Galiza
Fóra de Galiza
En Portugal

Amais, como apelido, pode referirse a:

É dicir, a Galipedia predica unha Galiza internacional, mundial, camiño de todas as civilizacións que é imposible. Cando un viaxeiro marroquí chega a Arabia e a Irán e a Asia queda rexistrado na Historia coma un fito, pero aquí as palabras "voan" por teletransportación desde Irán a Galicia.

En serio, os que estiveron aquí, hai milleiros de  anos, eran celtas. E as palabras que deixaron eran celtas. Que como indoeuropeas coinciden ou son parecidas a outras iraníes, sánscritas, lituanas, xermánicas, rusas...Por exemplo neboa en ruso ten que ver co ceo, pero ceo en irlandés é néboa.

ceo1, m. (gs. ~, pl. ~nna). 1. Fog; mist, haze. En irlandés significa néboa 

небоа  ceo Néboa en ruso significa ceo...

Houbo rusos en Galiza? En Irlanda? Viñan polo camiño de Santiago? Parvadas. Ou máis ben, os ceos do Báltico, de Irlanda e das costas de Galiza son dos que abundan os días con néboa?

Así que, finalmente, que é Angueira? An-artigo, gueir- xa o estudei na entrada Agueira, Angueira:

No listado de toponimia hai 4405 topónimos con "gueira"; e 4994 con "gueiro"; exactamente de que están falando con gueira ou gueiro? Xa falamos de que están falando dunha plantación ou vexetación de algo (caxigos, por exemplo), de moita froita dunha árbore froiteira (figueira), etc

Pero que pasa con Agueira, Angueira declinacións de gueir? a-gueir-a, an-gueir-a

Dicía que

Ademais gueiras pode estar influído pola palabra celta gaire, significando seguinte, próximo, indicando elementos que están próximos ou seguintes:

next » Is gaire, is neasa, is deise,is foisce.

 

proximate » Is gaire, is foisce

Ademais vimos gara nos topónimos con significado de próximo, cerca.

E temos a palabra

geir, f. (gs. ~e, pl. ~eacha). Fat; suet, tallow. Gordo, quizais en Galicia  abundante.

Diso e do seu uso nos 10000 topónimos galegos estamos falando dunha colección abundante de cousas, principalmente vexetais e árbores, que están na proximidade formando unha colección, un set, un conxunto identificable e ao que podemos darlle un nome.

Así Agueira e Angueira poden ser traducidos coma "o conxunto"