Neste vídeo "Before I Die, Please Listen" — Assyriologist Samuel Noah Kramer Admits the Truth About Sumerians: Assyriologist Samuel Noah Kramer's unsettling discovery about the Sumerians, revealed posthumously, challenges our understanding of civilization. His unpublished notes detail a five-stage revelation based on repeating phrases across Sumerian texts. This cryptic confession links writing, ritual, and architecture in a previously unknown way.
A civilización sumeria é a primeira civilización humana con cidades, escolas, impostos, escritura (cuneiforme) e unha longa aprendizaxe dela, deus ou deusa protectora en cada cidade, sacerdotes, gobernante e funcionarios públicos (escribas) traballando nun rexistro universal de contabilidades, literaturas, matemáticas, leis, mitos, economía,... O que conta este vídeo en inglés é como, a través de frases repetidas, de rituais relixiosos ou profanos, da mesma arquitectura incúlcase a xerarquia social (o rei e os sacerdotes son intermediarios co ceo. O alto zigurat é un lugar apropiado para esas intermediacións) de modo que toda a súa civilización, todas as súas frases rituais están dirixidas a engaiolar á poboación nas cidades. Danlle servizos e alienación, a cambio de sometimento, obediencia, traballo e perda das súas tradicións de cazadores-recolectores libres dos seus antepasados.
No conto de Artur C. Clarke Los nueve mil millones de nombres de Dios (The Nine Billion Names of God, 1953) que podedes ler o seu resumo nese enderezo, incide na maxia da palabra, de como as palabras poden canbiar o Universo e darlle un final apocaliptico. Eu sempre estiven seguro que esa última palabra que era o nome de Deus, que apagou o Universo, era unha palabra galega. Non direi cal era, non sexa que realmente o apague.
O poder da palabra está aí: pode crear unha civilización como a sumeria, ou, incluso, acabar coa civilización por dicir a palabra equivocada.
- Log in to post comments