Maynooth, os países celtas, os Clovis, os labirintos galegos, o Younger Dryas e as nais dos indios

Submitted by admin on Thu, 10/01/2026 - 16:16

O título é un pouco abraiante de temas diversos, pero, desde o punto de vista do que vou contar, están relacionados.

Despois do Congreso dos "Celtas do Atlántico" de Narón, organizado coa axuda do Concello de Narón e coordinado polo arqueólogo de Narón, André Pena Graña, co amparo dunha asociación celtista galega (a única que coñezo) foi unha explosión de conferencias (dun celtista e maestro do celta arxentino de orixe galega, de profesores de indoeuropeo dunha universidade de París, dunha brasileira, de irlandeses, etc... pero sobre todo de asistentes galegos que enchíamos o edificio de cultura de Narón, durante varios días. O meu libriño dos labirintos véndiase a 10 nunha mañán ata que a organización prohibiuno. Deixoume abraiado a cantidade de ciumes que proliferan nestes temas. Porque a única fundamentación científica deste congreso estaba no meu libriño.

Ben, sexa como fose, o congreso foi un éxito de participación e de realización. Así que tanto André Pena, como Heitor, un arquitecto galego en Barcelona (o presidente da Asociación) decidiron ir a Maynooth (unha universidade de Irlanda que convoca periodicamente congresos de tema celta (lingua ou cultura) e explicar alí a celticidade de Galicia. Estaba claro que  a miña exposición era tamén imprescindible, convidáronme a ir, -cada un pola súa conta- así que fumos no verán daquel ano a Maynooth. Eu desde Oporto, conectando despois cunha estupenda excursión de Roxín Roxal a Foz da Coa e as zonas de viños de Oporto.

Esta foi, pois un segundo intento de presentar a Galicia como país céltico despois do intento de presentalo como país céltico permanente na fundación do Congreso de Nacións celtas de finais do século XIX, di a wikipedia:  Os países considerados como "celtas" modernos, varían dependendo do punto de vista e do momento histórico. Así, nos inicios das primeiras reivindicacións celtas, no século XIX, eran cinco as nacións que de xeito maioritario se proclaman como celtas, sendo: Irlanda, País de Gales, Escocia, Bretaña e Illa de Man. A partir de 1920, o Celtic congress tamén aceptará a entrada de Cornualla, e deste xeito quedarían configuradas seis nacións. En Galiza, desde o século XX, e de xeito paralelo ao que se desenvolvía nas Illas británicas, tamén comeza un celtismo de base histórica, arqueolóxica, cultural despois e finalmente política. Con todo, a pesar dos esforzos de achegamento e das incipientes pontes que importantes galeguistas de comezos do século XX van tender cos homónimos irlandeses, bretóns e escoceses, o golpe de estado de 1936, e a imposición dunha ditadura de base fascista, acabará por rachar os contactos entre Galiza e os tradicionais países celtas, non chegando Galiza a pertencer formalmente ás recoñecidas sociedades celtistas do momento. Porén, Galiza atópase incluída en numerosos actos de expresión e reivindicación da cultura celta (como por exemplo o Festival intercéltico de Lorient)[2], igual que Asturias, o que unido a consideracións de carácter histórico e cultural[3][4], así como lingüístico xa que en Gallaecia se falou unha lingua celta[5] que desapareceu coa chegada dos romanos, fan que se tome Galiza e Asturias en ocasións como nacións celtas.

 E este texto da Galipedia é histórico porque é a primeira vez que na Galipedia vexo afirmar que na Gallaecia falouse unha lingua celta. Que cambios!, cando Eo era o río "Yo" esa si era unha boa Galipedia!

Ben a Galipedia non conta que a ese congreso fundacional asistiron representantes galegos, pero o Congreso decidiu que só aceptaba aos países celtas nos que aínda se falaba unha lingua celta. Galicia tiña toponimia celta, opinábase que se falou celta en lugares aillados ata o século X, pero na lingua galega predominaba o latín, polo tanto, excluída. Si admitida nas actividades folkloricas e musicais...

Ben, agora veredes que  a nosa visita a Maynooth tiña esa reinvindicación de fondo.

Eu fixen un resumo do libriño "os labirintos galegos" e ademais comentei a hipótese de que os nosos labirintos eran os máis antigos do mundo. Unha rapaza, nas preguntas, comentou a posibilidade de que un labirinto dos indios Hopi de norteamérica fose o máis antigo. Ninguén dubida, sen embargo, na relación xenética de irlandeses e galegos. De feito, como xa expliquei varias veces, foron os xenetistas irlandeses e británicos quen primeiro o contaron.

Eu volvín ao PPT que levaba onde se vía ata onde chegaba a banquisa de xeo na última glaciación: ata a costa do Cantábrico. Iso implicaba a posibilidade de viaxes marítimos (descansando nesa banquisa) de Galicia a América. Nunca escoitara esa posibilidade, pero a imaxe desa situación o daba a entender. Fumos a América antes de Colón? Non hai ningunha proba, pero se fumos a Irlanda hai 12000 anos, porque non poidemos ir a América hai 13000 anos?

Ben nos "labirintos galegos" falo do cometa Clovis. Os Clovis son unha cultura duns nativos americanos que fan unhas armas de pedra, e puntas de frechas, moi especiais e características e exactamente iguais ás que se fan en Europa nesa época, na zona franco-cantábrica. E  iso apunta a esa relación tamén.

Pero a cultura Clovis americana desaparece hai 12800 anos, baixo unas capas do terreo no que se rexistran incendios e diamantes pequeniños hai cultura Clovis. Por riba todos desaparecidos. Ao igual que toda a megafauna americana (Tigres dentes de sable, mamuts, leóns americanos,..)

Nun momento en que se desata o Younger Dryas, prodúcese un arrefriamento global de 1000 anos e as grandes zonas conxeladas de América e Europa vérquense no mar e probablemente hai un cambio da corrente do golfo que convirte a Europa nunha zona máis templada e habitable e comenza a repoboación. Agora podedes ver vídeos contando estes temas como o "el drias reciente", "Younger Dryas, the comet of the end of the world?" e algún con hipóteses máis modernas como unha explosión de ventos solares xigantescos. Podedes revisar varios deles. Seguro que encontraredes a un científico americano que describe a mesma migración dos Clovis desde a zona Franco-Cantábrica a América e o publica nun libro citado ao final. 

Fumos ata América como Clovis? O seu artigo é anterior á miña descrición en Maynooth? Son curiosidades que fan e fixeron historia.

A desaparición da capa de xeo de kms de altura en América e Europa, coa correspondente subida de 120 metros de altura do mar en todo o planeta, é suficiente para explicar porque os habitantes do sur de Europa, especialmente os galegos que están na fachada atlántica, repoboaron zonas do norte de Europa?

Acordeime de Maynooth no verán cando viaxaba desde Galway ao aeroporto de Dublín: na autopista hai unha desviación a Maynooth.

Se vedes o vídeo "Sioux: Su Linaje Materno Tiene Primos En El CÁUCASO" veredes a hipótese Clovis que podría explicar a xenética Sioux e doutras poboacións indias americanas (pero ao final a desbota, con non moi convincentes razóns)-

"Denis Stanford y Bruce Bradley, defendieron durante años una idea muy llamativa.

Se la conoce como la hipótesis solutrense.  La cultura solutrense floreció en el suroeste de Francia y en la península ibérica hace entre 22,000 y 17000 años en plena glaciación. Sus artesanos fabricaban puntas de piedra finísimas talladas con una técnica  muy precisa.

Stanford y Bradley señalaron que esas puntas se parecían a las de Clovis, una de las culturas más antiguas conocidas en Norteamérica, y propusieron que grupos solutrenses habrían cruzado el Atlántico siguiendo el borde del hielo en pequeñas embarcaciones, cazando focas y aves marinas como hacían los pueblos del Ártico.

El aplogrupo X con parientes en Europa parecía encajar perfectamente en esa historia.

El parecido entre las herramientas es real, no es una idea absurda, pero tiene problemas serios. 

Entre el final de la cultura solutrense y la aparición de Clovis pasan varios miles de años y en medio hay un océano entero sin rastros arqueológicos que conecten las dos orillas.
Lo que sabemos. El X americano es un linaje fundador de América. Llegó con los primeros pobladores hace más de 15,000 años y ya estaba aquí hace 8500 en el hombre de Kennewick.tomó un camino propio dentro del continente hacia el interior del norte, donde hoy es frecuente entre pueblos como los Ojibwa y los Sioux. ¿dónde nació exactamente esta rama antes de cruzar? ¿Y por qué no se ha encontrado en Siberia? La respuesta probablemente esté en ADN antiguo que todavía nadie ha encontrado"

Esas son frases do vídeo, pero que ocorre se a cultura solutrense en Galicia non remata nos 17000 anos senón nos anos anteriores á cultura Clovis, e antes do "Younger Dryas", naturalmente? E cal sería o resultado se cando ocorre o "evento Clovis" colle aos homes cazando e morren, como toda a megafauna, e as mulleres nas súas covas, non? 

Pois que seriamos as nais de parte dos indios do centro de norteamérica. De novo unha historia épica dun pobo épico coma o noso.

Ver  Stanford Dennis J. & Bradley Bruce A. . Across Atlantic ice: the origins of America's Clovis culture. xv+319 pages, 80 b&w illustrations, 6~tables. 2012. Berkeley & Los Angeles: University of California Press

Ver unha reseña do libro

Un pequeno artigo de Stanford & Bradley traducido ao castelán