Chapurrear

Submitted by admin on Wed, 01/16/2019 - 11:38

Non sei se o xuraría, pero é posible que as palabras chapurrear e o topónimo Chaburro estean emparentadas. Vexamos:

A RAG di que chapurrear é Falar incorrectamente [unha lingua], pronunciando mal e mesturando formas e vocábulos doutra. Falaba inglés e chapurreaba o francés.

Algunha etimoloxía di que ten o mesmo significado que chapurrar (en castelán), aínda que eu penso que , en castelán, é pouco utilizada. Para min, é galego de miña nai.

Agora recorremos a chaburro (non demasiado estúpido, parvo) e podemos concluír con retranca galega que os chaburros o son porque algo se lle entende, din cousas que se entenden e outras non, chapurrean ou chapurran. Quizais, nalgun momento, chaburran ou chaburrean.

En resumo, os de Chaburro non falaban celta, aínda que algo do celta eran capaces de chapurrear, algo se lles entendía.