Rial

Submitted by admin on Wed, 05/05/2021 - 19:30

Hai moito tempo escribín sobre Rial e o seu posible significado: Rial

Estamos, xa que logo, vendo unha crisis de autoridade e goberno en Galicia, hai miles de anos.  Uns siguen as normas, a constitución- se a houbese daquela- e outros non.  Un seguen as regras -rules- rial e outros parece ser que non. Os que seguen as regras "constitucionais" danse a si mesmos o nome de rial, que seguen as regras, as normas, ao goberno do seu tempo, e o poñen coma nome do lugar. Teremos que esperar moito tempo, motísimo tempo, antes que alguén descubra cal foi a guerra do "rial" e en que consistiu exactamente. Polo listado anterior queda claro que os legalistas eran bastante abundantes.

Despois da visita á parroquia de Rial no Val do Dubra adquírese unha nova perspectiva, mirade:

Igrexa Parroquial de San Vicente de Rial

Que vemos? Unha colección impresionante de cruces de granito rodeando a Igrexa. Vense tamén noutros lugares, como nunha capela en Taboada, en Lugo e en moitas igrexas de novacarta, coma Goián, en Sarria, Igrexa Parroquial de San Miguel de Goián, da que falarei noutro momento.

Na Capela de San Roque, en Taboada,  digo que Esta é unha capela incrible, que debe ter forzas misteriosas e precristianas nela. Porque? Porque hai xente que a teme dunha maneira esaxerada e a rodeou con moitas cruces de granito xigantescas que fotografamos. Así que o notable non é a Capela en sí senón as defensas en forma de cruces xigantescas que produce nalgunhas persoas.

Pois en Rial tamén. Parece que os constitucionalistas ou que seguen a tradición son pagáns precristianos que seguen as súas reglas precristianas, quizais de adoración de Lug ou outros deuses celtas, e o cristianismo loita contra eles, e os vence (do que si estamos seguros). O cristianismo acolle as forzas máxicas do lugar e planta alí a igrexa cristiana. De acordo. Pero cun medo terrible a esas forzas máxicas que pretende manter na gaiola máxica do recinto da Igrexa, no adro, para que non se espallen e a xente volte a crer na maxia celta. Como o fan? Cunha colección impresionante de cruces xigantescas de granito que rodean o adro da Igrexa.

Se non é vero, é ben trovato...

Para entender porque as cruces póñense arredor do adro, cómpre volver ao significado que xa contamos de a dro, a fronteira, a liña de fronteira. Cun dro que aparece en Vedro-é fronteira, Dodro, fronteira imposible ou landrove, moitas liñas de fronteira.

Nese punto contaba que Adro

E dro é liña, fronteira (xa o vimos, ver Vedro, por exemplo).

Así que estamos falando da liña ou fronteira máxica que distingue a zona sagrada, ou consagrada, a zona dos deuses ou de Deus da zona dos mortais.  Quizais esa zona tivese algunhas leis de comportamento permitido ou non: imaxinemos, no A dro non poden levarse armas, no Adro podes levar o facho.

Desde logo, hai unha liña súa, do deus ou deusa, que marca a sacralidade.

Agora sabemos algo máis: dalgúns adros ou liñas de fronteira máxica había que protexerse espetando alí grandes cruces de granito que impedisen a transmisión das súas maxias antigas celtas.