Alto de Aldriz, Aldriz

Submitted by admin on Sun, 12/09/2018 - 16:26

Aldriz viña hoxe no Progreso, está en Quiroga aínda que haino tamén en Aveiro, en Portugal. Como viña hoxe no xornal por esa razón fixen un estudo de driz, palabras con driz.

Pero curiosamente non está nin na wikipedia galega. nin na base de datos de toponimia da Xunta. Razón pola que recomendo que a Xunta revise os xornais galegos en busca de topónimos. Seguro que atopará centos deles non rexistrados na súa base de datos.

Que é aldriz?

Landriz

Submitted by admin on Sun, 12/09/2018 - 13:19

O deixamos como problema, despois da entrada anterior e das moitas entradas con lán, como deberiamos traducir landriz e que poderiamos esperar ver, ao menos hai tempo, en Milleirós, Pol.

Tara

Submitted by admin on Thu, 12/06/2018 - 11:18

Tara é o lugar de entronización dos reis celtas preto de Dublín, como xa contamos hai tempo. Pero tamén existe en Galicia:

Monte Ancos

Submitted by admin on Tue, 12/04/2018 - 11:39

Unha vez desvelado que significa cos, é doado ir debullando, traendo á luz, os significados da toponimia con cos. Ancos é An+cos, unha perna de monte, un monte falda. Hai que ir alí ao monte Ancos na comarca de Ferrol para entender o porque do nome: un monte pode ter unha cima coma a que diciamos de Barcala, afíada, en pico ou abombada coma a de Breamo. Pero, dalgunha maneira, Monte Ancos é aínda máis máis abombada, case sen cima, é un monte alto pero no que a altura dilúese nunha base enorme, para subir ao monte tes que andar bastante, durante bastante tempo, pero con pouca pendente.