Camariñas

Submitted by admin on Wed, 09/12/2018 - 13:34

Cando vai facer un concerto como este a Real Orquesta Sinfónica de España? E a de Galicia?

 

O teu navegador non soporta vídeo HTML5 .

Sen embargo a Sinfónica de Londres e Julie Fowlis si quixeron facer unha homenaxe ás raíces celtas de Galicia. Un celta dividindo as palabras pode saber que significa Camariñas. Evidentemente ten "rei de"...

Coín

Submitted by admin on Tue, 09/11/2018 - 19:07

Os lugares coín non existen na wikipedia galega. Sen embargo son celtas e significan cans. Mellor explicado cú é can e coín e cans, se ben no irlandés actual o nome é madra e madrai.

Coín en Triacastela e Coínde en Santiago poderían ser lugares nos que abundasen os cans.

Agra

Submitted by admin on Tue, 09/11/2018 - 18:45

Ag rá (saying, dicindo), unha posible orixe de Agra. Haberá que analizar os milleiros de Agras na toponimia e ver se ten sentido.

Val do Dubra e río Dubra

Submitted by admin on Tue, 09/11/2018 - 12:18

Imos varíar de cor e temos no nome deste concello o negro presente Dubh=negro en celta. Dubh non é en absoluto frecuente como Bui en Galicia que ainda ten montes Buio, ademais das moitísimas leiras dese nome.

Así que ter ten negro no nome. Pero cal é o significado? Se traducimos o nome actual sería dicir negro, pouco significativo. Moitas outras posibles traducións (sempre  co negro) serían posibles a partir doutros nomes históricos e a mellor é dubhriam=negrura.

Bóveda ou Bóbeda?

Submitted by admin on Fri, 09/07/2018 - 18:36

Acabamos de pasar o día da Galiza mártir dedicada a Alexandre Bóveda. O apelido e topónimo Bóveda semella falar dunha bóveda de construción romana. Pero no lugar onde aparece o topónimo nin de lonxe sabían nada de construción de bóvedas. Sen embargo a wikipedia parece afirmar o contrario:

Unha bóveda é unha construción arquitectónica, de sección curva, que permite cubrir o espazo comprendido entre dous muros, piares ou columnas.

Guitiriz

Submitted by admin on Wed, 09/05/2018 - 19:44

Despois do contado previamente, con moita dor de corazón, vou escribir que Guitiriz non ten nada que ver co Suevo, cos alemáns, e ten moito máis que ver con Goiriz, por exemplo. Guitiriz é celta. Que como quedaría raro -nunha lingua latina- escribir Guitiri engádeselle unha z final, precisamente inexistente en celta.

Alemán

Submitted by admin on Wed, 09/05/2018 - 19:24

Contaba Marcial Tenreiro que algo así pasou cando os romanos preguntáronlle a un grupo de xermanos (alamáns) que como se chamaban: Todos os homes ou quizais todos somos homes (demostrando que non entenderan a pregunta), responderon como conta a wikipedia " Fueron mencionados por primera vez por Dión Casio en 213.

Steven Pinker e a toponimia celta galega

Submitted by admin on Mon, 09/03/2018 - 14:12

En primeiro lugar, teño que agradecerlle ao meu amigo Pepe terme falado de Steven Pinker e a súa gramática profunda. Pepe, un físico reconvertido ultimamente á lingüística computacional, con moitos interesantes traballos nunca divulgados e que seguramente perderanse por non divulgarse, precisamente. Forma parte das rutas do verán, con Mario e con conversacións alucinantes sobre cales son os problemas máis importantes da Ciencia: o Universo e o cerebro.

Guísamo

Submitted by admin on Thu, 08/30/2018 - 21:26

Ao ir de Ferrol a Coruña pola autopista pasamos pola saída de Gúisamo.

Gui é oración e samo en mín. Oración interior, oración en min preferiblemente a darlle a volta e dicir eu en oración será a solución. Xa comentamos esta solución previamente e a preferencia desta solución, Doutro modo quen viría sendo "eu"?