O apelido Landín

Submitted by admin on Mon, 04/09/2018 - 20:44

Non é unha palabra inglesa, non é como o inglés, neste caso, e non ten que ver coa terra-land. Neste caso ten que ver máis coas casas.  Como se traduce ao galego?

Se non che sae á primeira pensa que hai un castro galego chamado Castrolandín e nese nome landín describe, en celta, perfectamente o castro.

O apelido Lug-ri

Submitted by admin on Mon, 04/09/2018 - 20:19

Varios ilustres galegos teñen ese apelido, Lugrís. Que ten unha pequena modificación. No galego ou castelán actual moi poucas palabras rematan en i, así que ese s sexa, probablemente, unha acomodación ao galego-latín.

Casa nobre

Submitted by admin on Fri, 04/06/2018 - 12:11

Non abunda moito este topónimo celta. Así que ser de casa nobre ou non, non debía ser unha preocupación fundamental para a maioría da xente. Sen embargo nesa zona si debía selo: hai tamén unha casa real nas proximidades.

 

Arma no teito

Submitted by admin on Fri, 04/06/2018 - 11:58

Aínda que é tamén topónimo, quizais sexa máis coñecido como apelido. A que se referirían exactamente? Non sempre podo facer unha hipótese razoable do porque da existencia dunha palabra (e na maioría dos casos será unha especulación). Neste caso non será razoable, senón a primeira que se me vén a mente: un uso da arma como galón, como xerarquía,  denotando a importancia militar do que vive alí, algo así como os brasóns de pedra dos pazos e casas medievais.

 

Cacerola metálica

Submitted by admin on Thu, 04/05/2018 - 12:26

Nese lugar, na costa, seguramente fabricábanse hai miles de anos pezas de cociña e cacerolas, potes, etc... metálicas. Por se serve de algo, cacerolas en irlandés actual é pannaí. Así que case o traducimos mellor do  inglés.

Da mesma liña de palabras que Arma metálica que xa vimos.

 

Abuín

Submitted by admin on Wed, 04/04/2018 - 17:14

Outro apelido celta. Este outro exercicio é faciliño tamén. Que é o que coñecemos da palabra? A letra A, por outra banda é exactamente igual co a inglés, un, unha. Hai que lembrar que o celta permite prescindir deses artigos indeterminados. Aquí, sen embargo, se poñen.

Ademais

O topónimo Abuín pode referirse a:

Arma metálica

Submitted by admin on Wed, 04/04/2018 - 17:14

É unha tradución -algo libre, a verdade- do nome dun concello galego. Lese o mesmo en inglés que en celta galego. Explicado este nome abriranos a porta a un cento de nomes celtas galegos. Pero agora estamos preguntando. De que concello se trata?