Malas herbas: o caso da herba dona

Submitted by admin on Tue, 02/13/2018 - 19:34

Estaba contando que era a herba dona a un criador de frores e herbas e rapidamente di:

Algo así como belladona. Pois non, a belladona ten opio que dilata e embelece as pupilas das donas. A herba dona " por mor a que o seu zume provoca un intenso lagrimexo, coma se se tratase de fume, así como polo seu cheiro, que tamén se lle asemella.", simplemente é unha mala herba.

Herba dona na Galipedia

El niño de la guía

Submitted by admin on Mon, 02/12/2018 - 17:39

Hai un exemplo moi famoso de trasposición (máis que traducción) na época de Franco da localidade de Niño da Aguia (un fermoso e clarísimo descritor do lugar, "el nido del Águila") ao castelán como "El Niño de la Guía". Nun vemos un fermosos monte cunha aguia no cume e noutro vemos un neno "que guía".

Problemas e aprendizaxe

Submitted by admin on Sun, 02/11/2018 - 14:00

Celtia.org é unha especie de libro de problemas. Recomendamos para aprender ir a visitar as páxinas de  https://www.progael.com como a de https://www.progael.com/gl/tematicos/ver/21 ademais de aprender que as cousas son como son -celtas- nunha magnitude  inimaxinable e moi doumentada, serven para despois aprender a resolver os problemas que propoñemos.

Os recomendamos. Le un artigo de celtia.org e tres deles...

Reconfirmación

Submitted by admin on Sun, 02/11/2018 - 12:58

Unha das características do celta é a reconfirmación. O que afirmamos parece que ten que ser confirmado polo interlocutor, ademais volvendo a repetir parte da frase, o noso ¿nonsí?

Moitas Lúas

Submitted by admin on Sat, 02/03/2018 - 13:05

Fagamos o experimento mental seguinte (estilo Einstein):

Imaxina un lugar onde é posible ver moitas lúas.

Unha vez solucionado o experimento mental, busca nese tipo de lugares que adiviñache onde se describe así en lingua celta galega. É dicir a descrición, en celta, axústase perfectamente a realidade dun lugar (aínda que sexa de forma poética). Que máis proba cómpre?

Deus da morte

Submitted by admin on Sat, 02/03/2018 - 12:14

Cando paso -con certa frecuencia- por esa estrada o letreiro me canta "... deus da morte"; chega un momento en que entendes os letreiros perfectamente. 

Pese a que a visión culta da lectura celta de Galicia fala de deuses e as súas historias míticas, tales constuctos  non existen na fala celta galega -na  que non pervive- nin Epona, nin Lug (ben, si, en Lugo e no apelido Lugrís, pese aos Lucus interpostos ), nin ningún outro.

Aquí unha representación utilizando unha versión miña da curva de Hilbert do deus da morte. A quen se referirían?...

Sheela na Gig

Submitted by admin on Wed, 01/31/2018 - 13:07

Non vou dicir que a xente en Galicia use a frase Sheela na Gig. Non, hai que ir a novacarta.eu para saber o que é esa frase e ver (de momento) 2 exemplos en igrexas galegas. Non sabemos se as chamaban así, pero facían o que centos de igrexas de toda Europa, sobre todo nos países celtas, representalas. O noso patrimonio cultural celta tamén é escultórico.