A Lanzada

Submitted by admin on Sat, 06/26/2021 - 16:10

Non hai coma visitar os sitios que queres desvelar. Se non os  coñeces podes chegar a formarte ideas aloucadas, fóra do lugar e da súa contorna, do seu ambiente, e finalmente equivocadas. Así que comezarei por unha historia previa á visita, para seguir despois de ouvír os efluvios dos nosos antergos falando sobre o lugar, ao pasar pola Lanzada.

Jarama, Sarria, Sargadelos, ... Sarre, non fun o primeiro en escribir deles

Submitted by admin on Tue, 06/22/2021 - 12:35

Teño que agradecerlle a quen me enviou estes anacos de Internet sobre Sar, Sarria, Jarama, .... nos que se ve que hai moitos anos que xa se sabía que Sar era un hidronímico "prerromano" europeo e indoeuropeo (aparece na India, tamén). Moita xente o sabía. O que non sabían era que en celta gaélico significa inundación, que é celta, está no seu dicionario; péselle a quen lle pese, con ese significado, que non é decorativo, está avisando dun feito potencialmente perigoso.

A lingua máis bela do mundo

Submitted by admin on Mon, 06/21/2021 - 20:58

Xa vexo aos meus amigos e amigas dicindo que vaia!, xa está Manuel esaxerando. A quen quererá engaiolar?

Pois non, meus queridos amigos e amigas. Esta frase non a dixen eu. Escoiteina. Hai uns anos, cando, antes da pandemia, era posible viaxar. Que tempos aqueles!

Onde? pois en Ibiza, ou Eivissa, na feira hippy de Ibiza que se fai no interior periodicamente. Estaba mercando libros e merquei algún libro, un, como podedes imaxinar, sobre os misterios do mundo. O libreiro preguntoume de onde era, galego, lle dixen.

Cumares e Cascumares

Submitted by admin on Sun, 06/20/2021 - 17:02

Nesta vez, o proceso de deducción foi a inversa da habitual. Ver no dicionario gaélico cumar e pensar que si, que probablemente haxa cumar en Galicia.

O vemos

cuma1, f. (gs. ~, pl. ~í). 1. Shape, form; appearance, look, effect.

Sárdoma

Submitted by admin on Sun, 06/20/2021 - 15:09

Se hai algunha tradución do celta que teña unha corroboración aplastante nos xornais das últimas décadas será esta. Quere dicir que está a ocorrer o mesmo que ocurriu durante miles de anos pola razón que explica o nome.

Sárdoma, Vigo unha parroquia de Vigo, que ten unha orixe inmemorial, que ademais nos describe o nome, contándonos porque vai a haber sucesos cíclicos, que describe, nese lugar.

Moita información en tres sílabas, non credes?

Lumeares (Solución)

Submitted by admin on Sun, 06/20/2021 - 12:15

Hai moito, moito tempo eu poñía acertixos en celtia.org para estimular a implicación e a participación da xente. Non me crerás senón ves que che estou dando unha ferramenta imprescindible para desvelar toda a toponimia celta galega. Próbaa. Intenta traducir ti o teu monte, o teu río, o teu lugar e entender aos teus antepasados seguindo o que ves, a túa contorna. Intenta entendelos e o verás finalmente entendido.

Pois este problema celta baseábase en observar as fotos publicadas na Voz sobre a parroquia Lumeares na Ribeira Sacra

Viariz

Submitted by admin on Sat, 06/19/2021 - 15:27

Collemos un exemplo con dúas traducións ben distintas. a celta e a "sueva". A versión sueva imos collela  dun libro do que non citarei o nome. Todo traballo merece un respecto.

Escanlar

Submitted by admin on Fri, 06/18/2021 - 13:47

A tradución desta palabra é preciosa. Breve, cortante, orgullosa e descriptiva. Hai un Escanlar no mapa, a carón de Lusío, en Samos. Pero na Galipedia hai máis.

O topónimo galego Escanlar pode referirse a: