Tiobre, casa no outeiro

Submitted by admin on Thu, 04/19/2018 - 15:07

Tiobre está preto de Betanzos, cunha preciosa igrexa románica na meseta superior. Antes de chegar a ela tes unha pendente pronunciada chea de casas que están subindo cara o alto do outeiro.  O Bre de outeiro está ben acaído neste caso.

Ela, a mamá

Submitted by admin on Thu, 04/19/2018 - 14:44

Está preto de Oporto. Como sabedas a zona céltica  tradicional galega chegaba ben entrada en Portugal. De feito posiblemente os primeiros poboadores de Galicia, os do R1b, chegaron primeiro á zona de Oporto. Ao menos Spencer Wells nun video sinala esa zona como a de chegada dos poboadores de R1b.

 

A vila seguinte

Submitted by admin on Fri, 04/13/2018 - 11:30

Hai un concello na Provincia de A Coruña que se traduce por A Vila seguinte. A vila anterior debía ser máis importante no seu tempo e esa unha vila subsidaria, " A seguinte" da principal. Hoxe, seguramente, as tornas están cambiadas e a vila seguinte é a principal é a principal anterior é a seguinte actual.

Estou cheo

Submitted by admin on Tue, 04/10/2018 - 11:55

Ten un río -o río por excelencia galego- para pescar e unha boa terra para producir. E árbores de froita. Así que os seus habitantes avisan de que están fartos. De onde estamos a falar?

 

O apelido Landín

Submitted by admin on Mon, 04/09/2018 - 20:44

Non é unha palabra inglesa, non é como o inglés, neste caso, e non ten que ver coa terra-land. Neste caso ten que ver máis coas casas.  Como se traduce ao galego?

Se non che sae á primeira pensa que hai un castro galego chamado Castrolandín e nese nome landín describe, en celta, perfectamente o castro.

O apelido Lug-ri

Submitted by admin on Mon, 04/09/2018 - 20:19

Varios ilustres galegos teñen ese apelido, Lugrís. Que ten unha pequena modificación. No galego ou castelán actual moi poucas palabras rematan en i, así que ese s sexa, probablemente, unha acomodación ao galego-latín.