Leiro, Leira
Dicía noutros momentos que un índice claro de palabra celta era a existencia de dúas versións (co mesmo significado) rematados en a e en o. Os falantes queren darlle xénero a unha palabra celta que non o ten e elixe, escolle rematar en o ou en a a palabra. Nunha zona en o e noutra zona en a.
O meu pai naceu en Leiro (Miño) e herdou varias leiras, algunha das cales foron asimiladas, sen ningún tipo de vergoña, polas leiras veciñas, saltándose todas os rexistros de propiedade históricos. Todo isto a pouco de morrer. Fai 25 anos. E despois dise que non se sabe de quen son...
- Read more about Leiro, Leira
- Log in to post comments