Merille

Submitted by admin on Sun, 07/01/2018 - 12:49

Un día destes quero visitar o Pazo de Merille en Ourol (Lugo). Un dos dos labores principais que me estou propoñendo e realizar unha descrición visual, hiperenlazada, descritiva e xeolocalizada do patrimonio  cultural galego en novacarta.eu. A verdade que é unha labor xigantesca e sen axuda non o darei feito, (o mesmo que celtia.org e o 10^6 de palabras celtas galegas). Terei que deixar algo para as seguintes xeracións...

Burón

Submitted by admin on Fri, 06/29/2018 - 11:47

Estamos en Fonsagrada e alí temos a Pobra de Burón (e a Galipedia o ignora, coñece o Burón de León e non a localidade galega).

Di a wikipedia en español que

El término Burón puede hacer referencia a:

Estar en Babia

Submitted by admin on Thu, 06/28/2018 - 13:57

Dise moito en castelán e moito menos en galego, claro. Que é estar en Babia? Os reis de León e Galicia tiñan moito de cazadores -recolectores e lles gustaba moito ir de caza. Así que cando un súbdito ou cortesán preguntaba por eles, a resposta habitual era "Está en Babia". Que é o que pasaba en Babia? que había boa caza e os reis ían alí a cazar. Babia non está en Galicia senón na fronteira Asturias- León, pero realmente non moi lonxe da Galicia actual.

Bemantes

Submitted by admin on Thu, 06/28/2018 - 11:25

Bemantes é unha parroquia de Miño. E está próxima en significado, propaganda e construción a Begonte: O home está quente di a súa tradución. Hai boa temperatura, é habitable polo home serían traducións alternativas.  Efectivamente, Bemantes é unha planicie algo inclinada cara o solpor de modo que todo o día está recibindo a calor do Sol. E desde a que se ve a ría de Miño, Betanzos e Ares dun modo especial. Tes que visitar Bemantes e ademais estarás quente!!!

Begonte

Submitted by admin on Thu, 06/28/2018 - 11:12

Este Concello ten un nome de Propaganda. Como Láncara, Braga ou Pantín. Se o traducimos tendo en conta isto poñeriamos se vés aquí, estarás ben quente. Outro concello máis de nome celta nunha zona, nun triángulo climático e céltico moi destacado. Non perderon moitos dos nomes celtas tradicionais... que perviven ao longo de miles de anos. Sinalemos o verbo Be (Estar) e o te de quente que quizais teñan un pouco de rivalidade inserida. En Guitiriz hai peor tempo... E en Lugo tamén. Vese ao pasar pola estrada que hai néboa -ou chove- en Guitiriz e en Lugo e non en Begonte.

Santiso, nesta casa

Submitted by admin on Tue, 06/26/2018 - 14:36

Uf! por fin un topónimo que non vou discutir! Santiso é, fixádevos para aprender e facelo noutros casos:,

San=En, en celta

Ti=casa, en celta

So=esta, en celta. Xa que logo,...

Clarísimo, nonsi?

A pregunta que nos podemos facer é cantos concellos galegos non teñen nome celta? Poucos, moi poucos estamos vendo...

O extraño caso de Gondo en Gondomar

Submitted by admin on Tue, 06/26/2018 - 10:57

Está totalmente asentado na bibliografía e na crenza popular que Gondomar é de orixe xermánica, dun señor Gundemaro que posuía ali terras, ou algo así.  Seguindo a lei, xa moi recorrida nesta web, de como pindirico vén de Píndaro. Ata a páxina do concello de Gondomar o conta

https://concellodegondomar.gal/es/13-historia di que

"A orixe de Gondomar estaría relacionada coa presenza dun asentamento xermánico ao mando dun xefe chamado Gundemaro. "

Pero Gondo non é Gunde, similar, pero nada que ver. Nin maro é mar. Ídem.

Coruña como Cornualles, novo xiro

Submitted by admin on Sat, 06/23/2018 - 11:06

Xa o contamos pero repetimos de novo: a orixe máis probable de Coruña é o de Cornua, (ou Corunua) tendo Cor o significado de xiro, é dicir novo xiro que tes que facer se vas en barco pola costa e queres seguir a costa, tes que dar un extenso xiro. Claro que o topónimo estaría construído desde o punto de vista dos mariñeiros, dos navegantes, o que é difícil de concibir para unha mentalidade urbana e nada mariñeira.