Xubia

Submitted by admin on Mon, 06/11/2018 - 23:23

Xubia é o teu alimento. Temos que obviar a inexistente x en celta pola letra máis próxima s. Pero neste caso temos aínda máis posibilidades de significado como alimento en zume ou alimento dos animais.

O topónimo Xuvia pode referirse a dous lugares, a un barrio ou a unha ponte da comarca de Ferrol:

Nelle

Submitted by admin on Mon, 06/11/2018 - 19:28

A ronda de Nelle en A Coruña é moi coñecida. Temos tamén a parroquia de Nelle en Castro, Narón.

Que é Nelle? Pois Non onde, non aquí sería o seu significado. Significado que é contraditorio coa situación actual de lugar máis poboado da parroquia de Castro, en Narón.  Seguramente na época na que xurde a palabra ese non era o lugar máis apropiado para vivir, ou non tiña  as características necesarias. Agora parece que si.

Marmancón

Submitted by admin on Sat, 06/09/2018 - 22:41

Como o falo (cono) dun home. Acaso había un menhir fálico ou unha pedra de entronización de forma fálica nesa parroquia? Esta é outra das parroquias de nome celta de Ferrol. Hai máis parroquias de nome celta, pero seguiremos máis adiante, iremos rotando as zonas que tratamos.

Esmelle

Submitted by admin on Sat, 06/09/2018 - 22:27

As parroquias de Ferrol están cheas de nomes celtas. Neste caso Esmelle significa eu son de aquí ou, de forma equivalente, é o meu lugar. Probablemente o nome orixinal fose Ismelle, latinizado a Esmelle.