Agueira, Angueira

Submitted by admin on Fri, 01/13/2023 - 13:35

No listado de toponimia hai 4405 topónimos con "gueira"; e 4994 con "gueiro"; exactamente de que están falando con gueira ou gueiro? Xa falamos de que están falando dunha plantación ou vexetación de algo (caxigos, por exemplo), de moita froita dunha árbore froiteira (figueira), etc

Pero que pasa con Agueira, Angueira declinacións de gueir? a-gueir-a, an-gueir-a

Dicía que

Ademais gueiras pode estar influído pola palabra celta gaire, significando seguinte, próximo, indicando elementos que están próximos ou seguintes:

Sabariz

Submitted by admin on Sun, 01/08/2023 - 13:41

Foi un nobre Suevo que so vivía os sábados. É unha coña, claro. Pero supoño que a "tradución oficial" non se alonxará moito da que acabo de dar.

A Galipedia di nos homónimos

O topónimo Sabariz pode referirse a:

Landeira e un pouco de Landeiro

Submitted by admin on Sat, 12/31/2022 - 11:41

Se faladeiro significa que fala moito, di a RAG, unha palabra híbrida de dúas linguas; sería posible que se conservase a palabra celta máis canónica? Cal sería? pois algo así como deir lan ou lan deir-moito fala. A que existe na toponimia é Landeira e, en menor grao Landeiro coma podemos ver (76 en total):

Meimil

Submitted by admin on Wed, 12/28/2022 - 09:48

Vinno nunha caseta dun artesán na Praza de San Marcos en Lugo hai 2 días. Realmente non debe haber moitos topónimos con ese nome. No listado de toponimia aparecen 3 no mesmo lugar de Barreiros:

Deiro, Medeiro, Medeiros

Submitted by admin on Sun, 12/18/2022 - 13:18

Deiro é unha parroquia de Vilanova de Arousa. Ademais , deir aparece en case 5000 topónimos galegos, falando da súa universalidade. Algúns cun significado coma o que lle imos dar e outros non, -moitos proceden da terminación eiro, eira-. Xa tedes traballo para un ano, polo menos, se o queredes revisar. Os exemplos canónicos poderían ser Madeira (terminación eira), Medeiros (eu falo ou grupo dirixido de monllos).

Que é deir?