Díaz e Días

Submitted by admin on Thu, 12/15/2022 - 22:32

Eu ouvín a miña primeira lección sobre a orixe das palabras en 6º de Bacharelato nunha clase de Lengua e Literatura Española que impartía o Director, un salmantino, catedrático de Lengua Española, casado coa catedrática de Física e Química, navarra, que seguramente foi a impulsora do frontón navarro e cuberto onde xoguei os sete anos do instituto á pelota vasca.

Pacios

Submitted by admin on Thu, 12/15/2022 - 19:22

Hai abundantes Pacios en Galicia. Exactamente 137 no meu listado.

Nalgún lado creo lembrar que lin que viña de palacios (total so lle falta un la), coma pazos. Pero hai unha pequena dificultade nese razoamento. Resulta que non hai ningún Pacio, todos son Pacios. Ah, claro, é que habían neses lugares moitos palacios. Cales? reto a que se citen en cada lugar Pacios os Pazos que existan alí.

Baleira

Submitted by admin on Thu, 12/15/2022 - 18:32

Baleira é un concello preto de Fonsagrada que ten tradución desde o galego ao castelán por vacía. O cal é absurdo coma nome dunha poboación. Se está "vacía" para que queremos citala? O 90% do territorio galego está baleiro e ninguén o menciona así.

Quérese dicir que Ba Léir era o nome orixinal Era-ba Léir-claro, explícito, rexistrado, seguramente a quen lle pertencia ese lugar. Non había dúbidas. Non había disputas sobre a súa pertenza.

Leiro, Leira

Submitted by admin on Thu, 12/15/2022 - 17:24

Dicía noutros momentos que un índice claro de palabra celta era a existencia de dúas versións (co mesmo significado) rematados en a e en o. Os falantes queren darlle xénero a unha palabra celta que non o ten e elixe, escolle rematar en o ou en a a palabra. Nunha zona en o e noutra zona en a.

O meu pai naceu en Leiro (Miño) e herdou varias leiras, algunha das cales foron asimiladas, sen ningún tipo de vergoña, polas leiras veciñas, saltándose todas os rexistros de propiedade históricos. Todo isto a pouco de morrer. Fai 25 anos. E despois dise que non se sabe de quen son...

R1b=celta

Submitted by admin on Sun, 11/20/2022 - 12:27

Hai xenetistas galegos que prefiren chamar aos primeiros portadores do R1b coma "franco-cantábricos", probablemente para eludir a súa verdadeira orixe.

Pois eu prefiro chamalos "celtas" e aquí mesmo tratarei de explicar o porque. A ver que tal resulta de convincente. Xa me diredes.

En primeiro lugar diversas fontes apuntan a Galicia coma a orixe do R1b, entre elas a dun vídeo de Stephen Wells "the Journey of Man" na que sinala Galicia como destino final dos orixinarios do R1b.

A medida do tempo

Submitted by admin on Sat, 11/19/2022 - 16:56

Ainda que non é o primeiro salto na concepción humana da medida do tempo, este será o primeiro exemplo que poñeremos aquí, en celtia, sobre os cambios de recoñecemento e cambio de escala do tempo. A pregunta é hai canto tempo existe o mundo? E as respostas...

Mangancha

Submitted by admin on Sun, 11/13/2022 - 18:05

Non existe en español, nin en galego, pero si en Portugal e en Ferrol.

Como topónimo en Portugal existe en