Lestrobe

Submitted by admin on Mon, 08/09/2021 - 21:11

Unha vez desvelado Laíño, (por certo vistes nos versos de Rosalía de Castro como a terminación iño fai posible moitos máis versos (laíño e mihudiño), e rimas), para completar o verso temos que desvelar Lestrobe. Alguén dubida aínda que se ten ou non ten tradución desde o celta?

Pois para os que dubiden, aí vai a tradución:

A clave está na división en palabras, palabras celtas que compoñen o topónimo. E estas son Le-Stró-Be

Laíño

Submitted by admin on Mon, 08/09/2021 - 00:22

Hoxe, case onte, fun  ver a igrexa de Laíño, xa sabedes a que Rosalía de Castro, desde Padrón, cantaba pola banda de Laíño, pola banda de Lestrobe:

Como chove mihudiño, Como mihudiño chove, Como chove mihudiño, Pó-la banda de Laíño, Pó-la banda de Lestrobe. — Rosalía de Castro.

Tedes aquí o resultado da visita:

Solláns

Submitted by admin on Mon, 08/09/2021 - 00:04

Os que pasan pola AP9 todos os días pola zona entre Santiago e Padrón saben do Viaducto de Solláns e o teñen superaburrido ese nome. Pero seguro que nunca fixeron o experimento que fixen eu hoxe, o mellor, xa estamos no día seguinte, onte.

Solláns o depuramos e queda en So llán, que, como sabemos é unha eufonización de So lán. Isto (é) moito. Ou, se queredes, isto é total, todo. Ben, ía cara a Padrón desde Santiago, vexo o letreiro. O traduzo tal como xa fixera outras veces e non entendo que quere dicir.

Loroxo

Submitted by admin on Thu, 08/05/2021 - 10:43

A Galipedia di que

Loroxo, Cerqueda, Malpica de Bergantiños é un lugar de Cerqueda.

Novacarta.eu amósanos un pazo en Loroxo

Pazo de Loroxo

E agora contarei que é o único Pazo do que visitei o interior da Igrexa (como podedes ver) ou o patio interior. O escudo é kilométrico, impresionante. E sen embargo quen o recuperou foron os donos actuais. Mercáron o pazo todo derruído.