Anllóns e Nalón, primos irmáns son

Submitted by admin on Sun, 07/04/2021 - 12:09

Por primeira vez imos tratar un fenómeno de eufonización na toponimia, o de Anllóns. Ímolo relacionar con Nalón e co refrán "Gallegos y asturianos, primos hermanos".

lón, vímolo, é en gaélico actual provisións,

 collation » lón  -colación
fare » lón -tarifa
grub » lón -comida
luncheon » Lón -xantar
nurture » lón -nutrir
store » Lón -almacén
store » Lón provisión
sustenance » Lón -sustento
victuals » Lón -comidas

O Grove

Submitted by admin on Mon, 06/28/2021 - 15:18

O máis directo enlace con Grove é o inglés, arboreda ou souto. Se collemos un dicionario etimolóxico inglés-Collins- temos

GROVE  n. a small shady wood or group of trees. [O. E. graf. grove . ] Orixe Old English, di.

Se fose así O Grove sería orixinado polo bosque da Toxa ou os bosques no concello do Grove.

En Old Irish non hai Grove -nin en Irish. Pero intentemos chegar a el

Sada

Submitted by admin on Sat, 06/26/2021 - 17:15

Sada é un concello da Coruña. Nunca o traducira ata velo noutro contexto- podía ser sa-dá, en dobre, pero non ten sentido, non serve para explicar nada, non indica ningunha propiedade do lugar, non ten utilidade, logo non é unha tradución certa ou acertada.

Ademais, non existe sada no dicionario gaélico. Podemos ou ben ir  aos dicionarios Old-Irish, aos protocélticos e buscar sada, ou ben, segunda solución, admitir palabras próximas a sada (supoñendo unha pequena modificación celta galego-gaélico irlandés).

A Lanzada

Submitted by admin on Sat, 06/26/2021 - 16:10

Non hai coma visitar os sitios que queres desvelar. Se non os  coñeces podes chegar a formarte ideas aloucadas, fóra do lugar e da súa contorna, do seu ambiente, e finalmente equivocadas. Así que comezarei por unha historia previa á visita, para seguir despois de ouvír os efluvios dos nosos antergos falando sobre o lugar, ao pasar pola Lanzada.

Jarama, Sarria, Sargadelos, ... Sarre, non fun o primeiro en escribir deles

Submitted by admin on Tue, 06/22/2021 - 12:35

Teño que agradecerlle a quen me enviou estes anacos de Internet sobre Sar, Sarria, Jarama, .... nos que se ve que hai moitos anos que xa se sabía que Sar era un hidronímico "prerromano" europeo e indoeuropeo (aparece na India, tamén). Moita xente o sabía. O que non sabían era que en celta gaélico significa inundación, que é celta, está no seu dicionario; péselle a quen lle pese, con ese significado, que non é decorativo, está avisando dun feito potencialmente perigoso.

A lingua máis bela do mundo

Submitted by admin on Mon, 06/21/2021 - 20:58

Xa vexo aos meus amigos e amigas dicindo que vaia!, xa está Manuel esaxerando. A quen quererá engaiolar?

Pois non, meus queridos amigos e amigas. Esta frase non a dixen eu. Escoiteina. Hai uns anos, cando, antes da pandemia, era posible viaxar. Que tempos aqueles!

Onde? pois en Ibiza, ou Eivissa, na feira hippy de Ibiza que se fai no interior periodicamente. Estaba mercando libros e merquei algún libro, un, como podedes imaxinar, sobre os misterios do mundo. O libreiro preguntoume de onde era, galego, lle dixen.