Boebre

Submitted by admin on Tue, 08/14/2018 - 16:15

A palabra Bo xa sabemos que significa vaca. E ou ben i, significa en. Quizais latinizado en e. E Bre e unha das dúas formas celtas galegas de dicir outeiro.

Así que Boebre significa Vacas no outeiro. O Outeiro refírese á parte alta de Boebre ou á ladeira de Breamo? Pois non cho sei, a verdade. Agora case todo é monte, case non hai pradeiras.

Conlle

Submitted by admin on Sat, 08/11/2018 - 20:35

As imaxes que vedes aquí son as da Igrexa de Santa Maria de Serantes no lugar de Conlle, en Laxe e contorno. Pero que é Conlle? Que anuncia? Pois que hai galgos aquí (quizais non se tratara desa raza de cans, senón dunha raza de cans que nese momento se chamaba con. Hoxe é a palabra na que en irlandés desígnase aos galgos, pero iso non quere dicir que o fosen hai miles de anos. As razas de cans evoluíron moi rapidamente.). Alí, en Conlle, seguramente crearon unha raza de cans que vendían.

Came here

Submitted by admin on Fri, 08/10/2018 - 18:00

Se o dicimos en inglés soa máis chulo que dicilo en galego, por iso o nome da vila vai en inglés. Came here.  Veu aquí.

Pero a xente ten a curiosidade de saber cal é a orixe dos nomes, así que visitando Camelle poidemos ver a un señor cunha camiseta de Camelle que tiña como imaxe gráfica un camello. Camelle vén de camello? Para o señor e o fabricante da camiseta parece que si. Estáse a reproducir unha visita paleolítica ou neolítica de alguén salientable que "veu aquí". Quizais o deus Lug e a súa lanza-láser recuperable?

Pois realmente Traba era unha praia...

Submitted by admin on Fri, 08/10/2018 - 17:15

Xa o contamos hai tempo, Traba era unha praia (e a razón para afirmalo era que esa era a frase que o expresaba  en celta con Traba). Pero fun ata alí, ao Museo do Mar de Laxe que ten unha maqueta da zona de Laxe na que é posible contemplar que a zona de Traba(non estamos a falar da praia de Traba, senón da parroquia de Traba, máis arriba), adentrada na terra, era certamente unha antiga praia cuxo areal foi extendéndose no mar, ata dar lugar a un extenso areal convertido en terreo cultivado hoxe.

O apelido Abente

Submitted by admin on Fri, 08/10/2018 - 17:08

Non sei se o apelido é moi actual ou moi fecuente hoxe. Figura nunha lápida no chan dunha entrada lateral da Igrexa de Santa María da Atalaia de Laxe. Os elementos da frase son a-unha, ben-muller, te-quente. Os comentarios, se os facedes, serán vosos.