Declinando ao can

Submitted by admin on Mon, 09/17/2018 - 11:28

Imos corrixir as entradas nas que falamos de cú, coin e con (conlle)

En Old Irish a declinación de cú ('hound') é a seguinte:

Singular N cú, G con D coin A coin

En plural N coin G con D con(a)ib A cona

Nacho

Submitted by admin on Mon, 09/17/2018 - 10:32

A galipedia non coñece a palabra, pero o dicionario da RAG si:

Di: Tipo, individuo, especialmente se é un mozo. Era un nacho moi coñecido na bisbarra.

Aventurarémonos a dicir cal é a tradución en Old Irish de nach? Pois a definición da RAG, pero máis breve 'any'.

Temos dúas vías nech como 'any one, anything' e a fundamental nach (n. na) 'any'

O galego está cheo de sorpresas celtas coma nacho.

Eo

Submitted by admin on Sun, 09/16/2018 - 14:42

Longamente desexada a súa tradución, finalmente podo poñela aquí extraída doutro libro de Old Irish:

Di que ïach é gen. sg. of éo, 'salmon' fr. *ëoch; Welsh eog

Así que todo está perfectamente cadrado, o río Eo, o mesmo que din os galeses e como se dicía en Old Irish, é un río de salmóns. Seguramente pescábanse moitos salmóns.

Agora vén a conto a historia dos mineiros asturianos que fai algúns séculos (estou a falar de memoria) puxéronse en folga porque todos os días tiñan de menú na comida salmóns. Nese momento aínda máis abundante que hoxe.

Horror vacui

Submitted by admin on Sun, 09/16/2018 - 14:05

O artigo Horror vacui da wikipedia galega explícao bastante ben: na arte,  na ciencia, na filosofía, no sentido da vida, na relixión e tamén no que tratamos aquí, na toponimia existe un horror ao baleiro. Pretendemos darlle un significado entendible a palabras que non entendemos e as buscamos entre as que si coñecemos (non entendemos palabras celtas e as deformamos e as convertemos en case latinas, que si coñecemos). Queremos ver un mundo con orde e non desordeado, cheo e non baleiro de significado.

Quindous

Submitted by admin on Thu, 09/13/2018 - 13:51

Hoxe a prensa fala da venta dun castelo en Quindous en Cervantes

Castelo en Quindous na Voz

Quindous, como podedes supoñer, xa que kin é parente, é celta. Unha hipótese sobre o dous é a seguinte

dóú • adj segundo m

Dou é segundo en irlandés actual e dous é unha aproximación  ao galego actual de dou, xa que dous é unha palabra galega perfectamente entendible.

Camariñas

Submitted by admin on Wed, 09/12/2018 - 13:34

Cando vai facer un concerto como este a Real Orquesta Sinfónica de España? E a de Galicia?

 

O teu navegador non soporta vídeo HTML5 .

Sen embargo a Sinfónica de Londres e Julie Fowlis si quixeron facer unha homenaxe ás raíces celtas de Galicia. Un celta dividindo as palabras pode saber que significa Camariñas. Evidentemente ten "rei de"...

Coín

Submitted by admin on Tue, 09/11/2018 - 19:07

Os lugares coín non existen na wikipedia galega. Sen embargo son celtas e significan cans. Mellor explicado cú é can e coín e cans, se ben no irlandés actual o nome é madra e madrai.

Coín en Triacastela e Coínde en Santiago poderían ser lugares nos que abundasen os cans.

Agra

Submitted by admin on Tue, 09/11/2018 - 18:45

Ag rá (saying, dicindo), unha posible orixe de Agra. Haberá que analizar os milleiros de Agras na toponimia e ver se ten sentido.